💜 Hoxe, 12 de maio, Día Mundial da Fibromialxia, o Concello de Baiona tínguese de morado para dar visibilidade a todas as persoas que conviven con esta enfermidade.
A fibromialxia segue sendo, en moitas ocasións, unha enfermidade invisible, difícil de diagnosticar e detectada tarde. Por iso, hoxe queremos mostrar o noso apoio, empatía e compromiso con quen a sofre cada día.
Escoitar, comprender e visibilizar tamén é coidar. 💜

