Home Pontevedra Digna Rivas: “Que Redondela poida contar cun PXOM despois de 30 anos...

Digna Rivas: “Que Redondela poida contar cun PXOM despois de 30 anos é algo positivo para todos”

- Anuncio -

-Digna Rivas tende a man á Asociación de Empresarios de Redondela e sinala que en canto solicitaron unha xuntanza co equipo redactor do PXOM “xa puxemos data para abordar todas as cuestións que consideren necesarias para o futuro de Redondela, porque ese é tamén o interese desde goberno”.

-Desde o Concello lembran que os plans urbanísticos son documentos técnicos “e é a Xunta de Galicia a que establece cales son as directrices e aproba o planeamento segundo o seu modelo de ordenación territorial.”

– Desde o Concello redondelán animan á Asociación de Empresarios e á veciñanza en xeral a que presenten as alegacións que estime oportunas, para o que ofrecen asesoramento e información por parte da oficina técnica.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela atópase en período de exposición pública despois de ser aprobado inicialmente polo pleno da corporación. Rivas defende que o seu goberno “está aberto a reunirse coa Asociación de Empresarios e todos aqueles colectivos e asociacións que así o soliciten, xunto co equipo redactor, para dar toda a información que se solicite”. A rexedora sinala que en canto a Asociación Empresarios solicitou unha xuntanza co equipo redactor “xa puxemos data para abordar todas as cuestións que consideren necesarias para o futuro de Redondela, porque ese é tamén o interese desde goberno”. Digna Rivas tende a man á asociación empresarial á que lle reitera que “sempre ten a porta do Concello aberta para o que precisen”. Desde o Concello de Redondela o goberno local amosa a súa satisfacción por ter aprobado inicialmente o PXOM, “xa que Redondela levaba 30 anos sen un planeamento urbanístico, e este documento é algo positivo para todos, tanto para  veciñanza como para o futuro das empresas e a industria”.

Desde o Concello lembran que os plans urbanísticos son documentos técnicos “e é a Xunta de Galicia a que establece cales son as directrices e aproba o planeamento segundo o seu modelo de ordenación territorial.” En todo caso desde o Concello redondelán animan á Asociación de Empresarios e á veciñanza en xeral a que presenten as alegacións que estime oportunas. Con este obxectivo ampliouse o período de exposición pública ata o prazo máximo que permite a lei, ao tempo que se estableceu unha oficina técnica para consultas e asesoramento con atención diaria ao público. A maiores están a realizarse reunións informativas en todas as parroquias, e tamén está dispoñible na web do Concello un visor dixital onde buscar as parcelas “dun xeito cómodo e cun funcionamento sinxelo e intuitivo”.

A rexedora insiste en que a prioridade do goberno local é “facilitar  todos os medios posibles á veciñanza para que coñezan o plan, que teñan toda a información e poidan facer as súas alegacións e tempo e forma” .

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas