Home Pontevedra Domínguez: “Lores vota a favor das mocións para contentar ao veciños pero,...

Domínguez: “Lores vota a favor das mocións para contentar ao veciños pero, logo, non as cumpre”

- Anuncio -

• O PP esixe ao alcalde que execute as 11 mocións do PP que foron aprobadas, por unanimidade, durante o presente mandato

• O líder da oposición reunirase de novo cos veciños de Campolongo, A Parda, San Roque, Monte Porreiro, A Seca e Ponche Muíños

Ás portas do pleno municipal de abril, que se celebrará o vindeiro luns, o presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou que “o alcalde Lores vote a favor das mocións para contentar aos veciños transitoriamente e evitar apupos no Teatro Principal, a propósito de que non ten pensado executar os acordos plenarios”.

O PP conseguiu que se aprobasen, co apoio dos 25 concelleiros da corporación, 11 mocións desde o inicio do sétimo mandato do nacionalista #Miguel Anxo Fernández Lores. “Más dunha decena de propostas coas que tentamos responder as necesidades dos veciños afectados pola A-57, a mellora da iluminación pública, a falta de mantemento dos parques infantís ou o abandono de barrios como San Roque, A Seca, A Parda ou Monte Porreiro”, reivindicou Domínguez.

“Se Lores tivese talante democrático, debería exporse a reapertura ao tráfico de Raíña Victoria, a negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT) cos traballadores públicos e a creación de vías sanitarias libres de obstáculos. Pero, dado que o BNG négase a gobernar para a maioría dos pontevedreses, o mínimo é cumprir o que si votou a favor”, engadiu.

O líder da oposición esixiu que o Goberno local destine parte dos orzamentos deste 2024, aprobados despois de que o alcalde vinculounos a unha cuestión de confianza, a executar os 11 acordos dos populares que foron aprobados por unanimidade:

  1. Creación dun Plan de Mantemento de Instalacións Deportivas
  2. Posta en funcionamento dunha vivenda de acollida para mulleres que sofren violencia de xénero
  3. Executar un Plan Integral de Mantemento dos Parques Infantís e reclamar a execución do acordo plenario 24/02/2020 sobre accesibilidade nos parques infantís
  4. Mellorar desprazamentos de persoas con discapacidade visual, incluíndo a implantación do sistema acústico nos semáforos
  5. Mellorar a iluminación pública
  6. Actuacións urxentes de mellora de Monte Porreiro
  7. Alcanzar un acordo cos veciños afectados pola A-57
  8. Mellorar barrio de San Roque
  9. Humanización barrio da Seca
    1. Humanización barrio da Parda
    2. Fomentar dinamización e promoción económica do barrio de Monte Porreiro

Nas próximas semanas, Domínguez volverá reunirse cos veciños de San Roque, A Parda, A Seca, Monte Porreiro, Campolongo e Ponche Muíños para explicarlles que os 116,5 millóns de euros do orzamento municipal para 2024 “son papel mollado” en relación ás actuacións que necesitan os seus barrios.

“Lores, nun signo da súa debilidade, está a dar as costas aos representantes dos pontevedreses”, declarou despois de acusar o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, de enganar aos cidadáns por dicir que a culpa de que non se incorporen 11,5 millóns de remanentes de 2023 ao orzamento deste ano é pola Lei Montoro.

“O mesmo concelleiro incorporou, durante máis dunha década, todos os remanentes aos orzamentos. A diferenza doutras anualidades, nestes momentos, o Goberno de España non ten uns Orzamentos Xerais do Estado e, por iso, a lei non permite esta incorporación, o que afecta a todos os concellos e deputacións do país”, sinalou.

Doutra banda, a taxa de execución do capítulo de investimentos do Concello de Pontevedra só alcanza o 29 por cento: “De cada 10 euros que podería investir na cidade, Lores só é capaz de investir 3 euros. É unha taxa de execución realmente baixa. Non quero nin imaxinar o que investirá este ano”, finalizou.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas