Home Baixo Miño A Guarda Doña Emilia e Señora Carme, dúas mulleres de conto

Doña Emilia e Señora Carme, dúas mulleres de conto

- Anuncio -

Un espectáculo de Narración Oral recupera o legado de Emilia Pardo Bazán na Guarda

Este sábado 27 de abril ás 20,30h. realizarase no Centro Cultural da Guarda esta proposta na que a narradora Cris de Caldas recupera algúns dos contos de Emilia Pardo Bazán, especialmente aqueles mais relacionados coa cultura e as formas de vida do rural galego a través da voz da súa avoa, a Señora Carme:

A vella Carmela sempre tiña un conto na boca, aínda que non llo pediras, ela contábacho. Con eles amenizaba as tardes de calceta ou as xornadas na cociña. O día que decidiu calar e non contar máis contos nin de vellas nin de novas, a súa neta empezoulle a contar a ela para que non se apagase a súa mente chea de historias. Así foi como a Señora Carmen, entre os fogóns da súa cociña de ferro, soubo dunha condesa que falaba dun mundo que ela ben coñecía.

Mesturando historias de vida e versións moi persoais dalgúns dos contos de Emilia Pardo Bazán,nace esta sesión de narración oral, no que dúas mulleres de distinto orixe e época, conversa sobre as inxustizas acometidas cara as mulleres no pasado e aínda no presente.
A actividade, enmarcada na programación de primavera adicada ao libro e á literatura “Primavera entre Letras”, é de balde e está recomendada para tódolos públicos a partir de 15 anos.

Dentro da programación Primavera entre Letras, continua nas Librerías a campaña da Ruta do Libro, pola cal mercar libros na Guarda ten premio, e damos paso ao mes de maio cando continuarán as actividades destacando a exposición adicada a Castelao, que comeza o 6 de maio e a Festa das Letras, coa que o 19 de maio festexaremos na Guarda as Letras Galegas da man das manifestacións culturais galegas mais festeiras.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas