Home Pontevedra O Condado En xullo arranca “Verán con sabor” a guía gastronómica que premia os...

En xullo arranca “Verán con sabor” a guía gastronómica que premia os consumidores

- Anuncio -

Durante os meses de xullo, agosto e setembro aquelas persoas que consuman na hostelería de Salvaterra de Miño poderán optar a máis de 40 premios. 

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locales de hostalaría organiza a primeira edición de “Verán con Sabor”, unha guía gastronómica para os meses de xullo, agosto e setembro na que os consumidores poderán entrar no sorteo de importantes premios. 

Dentro da guía da que forman parte un total de 27 establecementos, os consumidores poderán descubrir e probar aquelas propostas que ofertan como recomendación e suxerencia os establecementos da vila dentro da súa carta. 

Con motivo da chegada do verán e con el os turistas e visitantes que elixen Salvaterra de Miño como destino e os veciños e veciñas que aproveitan a oferta cultural para facer plans de ocio, o Concello de Salvaterra de Miño busca promover e promocionar a variedade de propostas gastronómicas e de lecer do municipio. 

Estas serán suxerencias que permiten ó consumidor optar por produtos típicos ou recomendados e que aportan información da oferta gastrónomica de cada local e que xa forma parte da súa carta ou oferta habitual durante o ano. 

A través da páxina web o consumidor poderá coñecer as suxerencias de cada local que van dende: un almorzo especial, unha tapa recomendación do chef ou un cóctel elaborado, entre outros. 

O obxectivo é dar a coñecer ese traballo que se fai en cada local de maneira diaria e que probablemente moitas veces descoñecemos ó mesmo tempo que serve como guía para consumidores que buscan propostas diferentes. 

“Verán con Sabor” contará tamén cun sorteo ó finalizar a campaña de 44 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio de 300€, segundo de 200€, terceiro de 100€, tres premios de 50€ e un premio de 30€ para gastar nos locais

Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 – 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org 

participantes ademais de 27 premios máis aportados por estes mesmos locais e 10 bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros. 

Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes) e cubrir os seus datos persoais. 

Entre todos os pasaportes cubertos e depositados nas urnas dos locais realizarase o sorteo dos premios da campaña. 

Nos próximos días publicarase toda a información na web da campaña veranconsabor.concellodesalvaterra.com

Relacionadas

O Concello de Redondela selecciona tres técnicos para obras públicas, xestión forestal e administración

0
Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de...

Luis López salienta a diversidade do tecido deportivo e a capacidade para organizar competicións...

0
O presidente provincial participa na sétima edición da Festa do Deporte de Ribadumia onde se entregaron 15 premios para recoñecer o labor de deportistas,...

O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central discrimine a...

0
Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores,...

Luis López sinala a apertura da nova residencia de artistas de Ponteareas como unha...

0
O presidente provincial participa, xunto ao presidente da Xunta Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada Nava Castro, na inauguración dun proxecto pioneiro na...

Luis López louva o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no terceiro...

0
O presidente da Deputación comparte unha nova xornada de convivencia deste programa de Acción comunitaria con asociacións veciñais de Cuntis e a contorna con...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio,...

Publicacións Relacionadas