Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Enerxétika 2024 abriu hoxe o seu programa de xornadas analizando o almacenamento...

Enerxétika 2024 abriu hoxe o seu programa de xornadas analizando o almacenamento de enerxía e transición enerxética en Galicia

- Anuncio -
  • O DIRECTOR XERAL DE PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E RECURSOS NATURAIS DA XUNTA DE GALICIA, PABLO FERNÁNDEZ, FOI O ENCARGADO DE INAUGURAR O ENCONTRO, ORGANIZADO POLO INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
  • PARTICIPOU UNHA DECENA DE EXPERTOS DE DISTINTOS ÁMBITOS RELACIONADOS  CO SECTOR

O certame Enerxétika 2024, que se celebra desde onte e ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, abriu hoxe o seu programa de conferencias coa xornada técnica “Almacenamento de enerxía e transición enerxética en Galicia”.

Organizada polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), foi inaugurada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, quen destacou a importancia de contar cunha feira do sector da enerxía en Galicia, que, considerou, nesta cuarta edición confirma o compromiso co certame tanto da Administración como do tecido empresarial. Así mesmo, sinalou a relevancia da vinculación da enerxía en proxectos industriais, aspecto que se abordou nalgunha das conferencias programas, por cuxo contido fixo un breve percorrido.

Tras a inauguración, na primeira das conferencias expuxéronse as alternativas de almacenamento enerxético e potencial de desenvolvemento, sendo o encargado de facelo Luis Miguel Varela, catedrático de Física da Materia Condensada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Seguidamente desenvolveuse un bloque temático sobre retos, mercados e infraestruturas. Nel David Alvira, xefe do departamento Centro de Control Enerxético en Redeia, falou de almacenamento enerxético e retos e necesidades para a operación segura do sistema eléctrico; Rafael Gómez-Elvira, director de Relacións Institucionais e Marketing en OMIE, explicou a integración do almacenamento enerxético no mercado eléctrico europeo; e Alberto Suárez, delegado do grupo Naturgy en Galicia e director da Zona Norte de UFD, centrouse nas redes de distribución na integración de sistemas de almacenamento enerxético.

O seguinte bloque enfocouse en industria e tecnoloxía, sendo tres os aspectos que se trataron. Por unha banda, debullou o desenvolvemento industrial e transición enerxética en Galicia Patricia Rodríguez, subdirectora xeral de Proxectos da Secretaría Xeral de Industria da Xunta de Galicia. Tamén se abordaron os novos modelos de negocio asociados ao despregamento do almacenamento enerxético, por parte de Santiago Rodríguez, director da División de Enerxía no Instituto Tecnolóxico de Galicia; e ademais as alternativas de obtención e usos en sistemas de almacenamento de enerxía respecto ao hidróxeno verde, de man de Joaquín Grassi, técnico da Unidade de Tecnoloxías da Enerxía en EnergyLab.

Liñas de apoio

Na última das conferencias desta xornada organizada polo Instituto Enerxético de Galicia a súa xerente, Vanessa Cal, deu a coñecer as liñas de apoio e incentivos da entidade. A continuación, pechou este encontro o secretario xeral de Industria da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas