Os tres establecementos gañadores recibiron os seus diplomas e unha cesta de produtos galegos de AGACAL polo seu participación na iniciativa gastronómica
Esta semana a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a concelleira, Lorena Soto, e o director de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) da Xunta de Galicia, Martín Alemparte; fixeron entrega de premios e diplomas aos establecementos gañadores da III Ruta Pinchoterra, unha iniciativa que puxo en valor a creatividade e a calidade da hostalería local.
O primeiro premio ao mellor pincho foi para Casa Mariano en Fiolledo pola súa proposta “Tortilla mar e terra”. O segundo premio correspondeu a Templum Sensibus, de Salvaterra de Miño, polo pincho “Pastramiño”, mentres que o terceiro posto foi para La Ojiva Gastronómica, de Leirado, coa elaboración “Mamma Mia”.
Os tres establecementos premiados recibiron o seu diploma acreditativo e unha cesta de produtos galegos achegada por AGACAL, como recoñecemento ao seu traballo e á participación nesta iniciativa gastronómica.
Ademais, o establecemento gañador da ruta, Casa Mariano, recibiu como premio especial unha experiencia dunha noite con almorzo e spa para dúas persoas.
Desde o Concello de Salvaterra de Miño agradecemos a implicación da hostalería e da veciñanza nesta terceira edición de Pinchoterra, unha proposta que continúa medrando e consolidándose como unha referencia gastronómica na contorna.

