Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Este domingo o teatro, a poesía, a música e a danza danse...

Este domingo o teatro, a poesía, a música e a danza danse a man en Oia co 6×6 Punto de Encontro

- Anuncio -

As propostas artísticas e culturais do 6×6 Punto de Encontro volven a Oia esta fin de semana cunha programación na que confluirán distintas disciplinas: desde artesanía e fotografía ata teatro veciñal, poesía, música en directo e artes do movemento. A cita será durante toda a xornada do domingo 26 de maio no barrio do Arrabal e o Mosteiro de Oia, localizacións que se converterán en todo un “punto de encontro festivo” entre artesáns, veciñanza, artistas, alumnado e visitantes.

Dirixido por Alfredo Rodríguez (A Artística) e organizado polo Concello, o evento desenvolverá a súa sexta edición baixo o título “Oia: onde as pedras falan”. Haberá actividades gratuítas durante todo o día, con propostas que divertirán a todos os públicos.

A xornada de festa terá o barrio histórico e Mosteiro de Oia como principais localizacións e desenvolverase segundo o seguinte programa:

-A partir das 12.00 horas abrirán no Arrabal os postos de artesanía, onde permanecerán á venda diversos produtos de creadoras e creadores locais como, areladefe (orfebrería, Oia), Xabi Garrido (pedra, Oia), Carliños (cestería, Oia), Ana Belén Jarrín (fotografía, Oia), Medialúa (coiro, O Rosal) e Ana Méndez (cerámica, Pazos de Borbén).

-A partir desa mesma hora, na oficina de turismo poderá visitarse a exposición “Rizomas”, de Ana Belén Jarrín (Oia), que inclúe una selección de fotografías de paisaxes e a proxección dun vídeo sobre a Serra da Groba.

-Xa pola tarde, ás 17.30 horas o Mosteiro acollerá a representación teatral do alumnado do obradoiro infantil de teatro de Oia. Trátase da peza “O Señor Mundo”, a partires da obra de Paula Carballeira. A actividade conta tamén coa colaboración de Patricia Muñoz como narradora.

-Ás 19.00 horas dará comezo no Mosteiro o espectáculo preparado polo grupo do obradoiro de teatro veciñal. Este ano representaranse varias pezas de creación colectiva a partires de obras de Celso Emilio Ferreiro, Marica Campo, Gonzalo Hermo, Olga Novo e Castelao, así como algunhas historias locais, todas elas coa música en directo de Nacho Álvarez. O espectáculo contará tamén coa colaboración especial das artistas Olga Cameselle (danza e movemento) e Silvia Penas (poesía).

Fin de festa musical

A xornada terá un fin de festa musical, aínda que con cambios segundo o inicialmente previsto. Será Mónica de Nut quen, coa súa impresionante voz, ofreza unha completísima experiencia sonora na Praza Centinela. Baixo o título “Por que non hei de cantare”, a artista desenvolverá un espectáculo no que as composicións propias con cantos tradicionais, o canto lírico e o canto experimental combinaranse con recursos naturais da voz, canto filtrado con efectos electrónicos, bases electrónicas, canto amplificado e a capela e un harmonio hindú.

A actuación do grupo inicialmente previsto, Blues do País, tivo que ser cancelada debido a problemas de saúde de última hora.

Organizada polo Concello de Oia xunto co grupo Tra-lo Mosteiro, esta xornada festiva conta coa colaboración do Mosteiro de Oia.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas