HomeVigoBaionaFinaliza a tempada de Conferencias do Baiveran 2025

Finaliza a tempada de Conferencias do Baiveran 2025

- Anuncio -spot_img

Mañá xoves día 21 de agosto ás 20:00h. terá lugar nas dependencias da Capitanía Marítima de Baiona a última das conferencias organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona ao longo deste verán de 2025: “O tamaño importa. Nanotecnoloxía, o poder do extremadamente pequeno”.

O encargado de poñer o punto final a este exitoso evento será o investigador Lorenzo Pastrana Castro, actualmente á fronte do Instituto Ibérico de Investigación con sede en Braga, Portugal.

O Profesor Pastrana é Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago e foi durante case un cuarto de século catedrático de Ciencia dos Alimentos na Universidade de Vigo, ademais de exercer como profesor visitante en Brasil e tamén como investigador na Universidade de Cambridge, no Reino Unido. As súas liñas de traballo, moi orientadas cara ao mercado actual, van desde a enxeñería de micro e nanopartículas en alimentos, para aumentar a súa funcionalidade e personalización, ata a produción de envases alimentarios activos e intelixentes.

Desde o Concello de Baiona queremos agradecer a boa acollida deste ciclo de conferencias e dar as grazas aos veciños e visitantes que, coa súa presenza axudan a que para a próxima tempada sigamos nesta liña de charlas divulgativas.

Publicacións Relacionadas