HomePontevedraIncendio en Santa Cristina

Incendio en Santa Cristina

- Anuncio -spot_img

As 5 desta madrugada montouse un Posto de Mando Avanzado xunto á Casa de Cultura de Riomaior para coordinar os medios e actuacións sobre o incendio iniciado na tarde de onte en Santa Cristina e que ainda está activo

Efectivos da UME chegaron a Vilaboa arredor das 5 da madrugada e desde ese momento, e ao longo de todo o día de hoxe, centrarán a súa labor en perimetrar o lume para evitar que se achegue a núcleos de poboación, xa que as altas temperaturas previstas para hoxe incrementan o risco de reactivación

Ainda que ao final da tarde onte parecía que o incendio estaba controlado, un novo brote levou ao desaloxo de 4 vivendas unifamiliares no lugar de Paradellas, en total 14 persoas que pasaron a noite, xunto aos numerosos efectivos que traballaron na extinción do lume, pendentes da evolución do lume e do que afectaría as súas propiedades, que finalmente non se viron afectadas. O lume estivo tamén moi preto de vivendas no lugar de Vilar

O alcalde de Vilaboa, César Poza, que está permanentemente no Posto de Mando, agradece á veciñanza a súa total colaboración en todo momento e a súa posta a disposición dos efectivos que traballan para o control do lume

Agradeceu tamén o traballo que están realizar os Bombeiros de Pontevedra, do Morrazo e de Vigo desprazados para colaborar así como ás diferentes agrupacións de protección civil que reforzan o traballo de Emerxencias Protección Civil de Vilaboa; así como a predisposición dos alcaldes de Cuntis, Redondela, Moaña e Soutomaior que desde o primeiro momento puxeron os seus medios a disposición do Concello de Vilaboa

Prevese unha xornada intensa na que o alcalde de Vilaboa pide á veciñanza que se manteña alerta e que avise ao 112 en caso de detectar calquer novo brote

Publicacións Relacionadas