Industria, automoción, loxística e enxeñería lideran os perfís máis demandados no primeiro Talent Hub de “O Porriño Conecta Talento”

Redacción

● O espazo expositivo permanecerá aberto de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas, permitindo ás persoas asistentes contactar directamente coas empresas participantes, coñecer as súas ofertas e participar en procesos de selección


● Entre as entidades participantes figuran firmas de referencia como Zendal, Magna, BorgWarner, Constellium, Unimate, Maier Ferroplast, Seur, Serveo, Mapfre, Abanca, Aimen, Ceamsa ou Citic Censa, ademais de empresas de traballo temporal


● O Foro reúne a expertos de Recursos Humanos que darán claves de cómo enfrentarse a unha entrevista de traballo

Máis de 50 empresas e entidades participarán o vindeiro 19 de maio no primeiro Talent Hub de O Porriño Conecta Talento, un gran encontro orientado a conectar talento e oportunidades laborais nunha contorna dinámica na que empresas e candidatos poderán establecer contacto directo, realizar entrevistas e explorar novas posibilidades profesionais.

O evento, que se desenvolverá no Polideportivo Municipal ao longo de toda a xornada, reunirá compañías de sectores estratéxicos como a automoción, industria, alimentación, loxística, servizos, banca, recursos humanos e innovación.

Entre as entidades participantes figuran firmas de referencia como Zendal, Magna, BorgWarner, Constellium, Unimate, Maier Ferroplast, Seur, Serveo, Mapfre, Abanca, Aimen, Ceamsa ou Citic Censa, ademais de empresas de traballo temporal …

O espazo expositivo Talent Hub permanecerá aberto de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas, permitindo ás persoas asistentes contactar directamente coas empresas participantes, coñecer as súas ofertas e participar en procesos de selección.

Á súa chegada ao recinto, os asistentes poderán consultar no stand de Porremprego os perfís profesionais demandados por cada unha das empresas participantes e solicitar unha entrevista coa compañía do seu interese.

As citas, que serán limitadas, comezarán a asignarse a partir das 09:30 horas. No caso de non conseguir entrevista, os asistentes poderán igualmente visitar o Talent Hub e remitir directamente a súa candidatura ás empresas expositoras desde o seu dispositivo móbil mediante a captura dos códigos QR que cada compañía terá visibles no seu stand.

Entre os perfís máis demandados destacan postos vinculados á industria, automoción, mantemento industrial, robótica, soldadura, loxística, alimentación, administración, enxeñaría, telecomunicacións, comercio e atención ao cliente, entre outros.

O encontro contará tamén cunha zona de networking destinada a favorecer un contacto máis próximo entre empresas e candidatos nun ambiente distendido, promovendo a creación de conexións profesionais e novas oportunidades de emprego.

A programación complementarase con relatorios, obradoiros e conferencias centradas na orientación laboral, a formación e as necesidades actuais do mercado de traballo, coa participación de profesionais e expertos como Joaquín Dosil, Pedro Rodríguez ou Emilio Duró, que ofrecerán sesións orientadas á motivación, á empregabilidade e ao desenvolvemento persoal e profesional.

Expertos en recursos humanos darán as claves

O mercado laboral actual esixe unha conexión real entre as necesidades das empresas e o potencial dos candidatos. Ademáis da conferencia que impartirá a Universidade de Vigo, haberá unha sesión Coach con Joaquín Dosil sobre “Actitude que transforma: claves para converter metas en logros”; un obradoiro práctico impartido por Pedro Rodríguez sobre “Motivación e Habilidades para a Búsqueda de Emprego: Descubre o teu Oceano”, ou un Talent Pitch: “O teu talento en 2 minutos” . Ademais, claro, a conferencia de Emilio Duro sobre “Vivir con Sentido, Optimismo e Esperanza” .

Ademais celebrarase un Talent Briefing sobre necesidades reais de talento no mercado laboral. Nesta xornada, expertos de primeiro nivel de sectores estratéxicos como o industrial, biotecnolóxico e servizos compartirán a súa visión sobre o que as organizacións buscan hoxe en día e como os profesionais poden destacar nun proceso de selección.

Así, na mesa, que terá lugar o martes 19 de maio ás 12:30 h participarán: Ana Alonso, vicedirectora xeral en CITIC HIC Gándara Censa; Mª Eugenia Blanco, responsable de Recursos Humanos, Prevención e Medio Ambiente en Gonvarri Steel Industries; Cecilia Mariño, directora corporativa de Recursos Humanos en Zendal; Gorka Hermo, HR Manager en Constellium; Pablo Búa, director de Persoas en GANAIN; Cristian Pereyra,, HR Director de Magna e especialista en transformación organizativa e estratexia de talento; Flavia González, técnica de Selección de Persoal en Clece S.A.; Emilio Troncoso, director de Recursos Humanos de Grupo Taprega, e Jorge Trigo, director de Recursos Humanos en CEAMSA – Compañía Española de Algas Mariñas.

O obxectivo principal do encontro é desmitificar a entrevista de traballo e achegar a realidade dos despachos de selección á rúa. “Tamén as claves do que valoran as empresas”, explica Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño. Os relatores abordarán temas como as competencias máis demandadas, a importancia da actitude, a adaptación ás novas contornas dixitais e como construír unha carreira sólida na Galicia de 2026.

Este evento supón unha oportunidade única para que demandantes de emprego, estudantes e profesionais en activo coñezan de primeira man o que as empresas están a buscar “detrás do currículo”, fomentando un diálogo directo entre o talento local e os responsables de contratación.

Os horarios do Porriño Conecta Talento
09:30 h. – Recepción de asistentes
Acreditación, benvida e recollida de documentación.
09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. – Talent Hub
10:00 h. – Apertura e inauguración das xornadas
Acto institucional de benvida.
10:30 h. – Relatorio
“Oferta formativa Universidade de Vigo”
Relator: Área de Captación de Alumnado. Universidade de Vigo
11:00 h. – Sesión Coach
“Actitude que transforma: claves para converter metas en logros”
Imparte: Joaquín Dosil
12:30 h. – Talent Briefing: Necesidades reais de talento no mercado laboral
13:30 h. – Espazo de networking con aperitivo
Momento para xerar contactos, intercambiar ideas e oportunidades.
Tarde
16:00 h. – Obradoiro práctico
“Motivación e Habilidades para a Búsqueda de Emprego: Descubre o teu Oceano”
Imparte: Pedro Rodríguez
17:00 h. – Talent Pitch: “O teu talento en 2 minutos”
17:30 h. – Conferencia inspiradora
“Vivir con Sentido, Optimismo e Esperanza”
Relator: Emilio Duró
19.00 h. – Acto de Clausura
Peche institucional da xornada e agradecemento ás persoas participantes.

Comparte este artigo