test
Home O Condado Mondariz IX Semana Gastrocultural na A EFA A Cancela

IX Semana Gastrocultural na A EFA A Cancela

- Anuncio -

De 10 a 14:30 horas, expertos en calidade alimentaria, coidados, consultoría empresarial, ensino, gastronomía, networking, saúde e terapia ocupacional afondarán na importancia de ofrecer calidade en cada servizo e produto.

A IX Semana Gastrocultural da EFA A Cancela atraerá á comarca do Condado a profesionais e expertos de distintos sectores para enxalzar a excelencia como distintivo e ferramenta de traballo.

Alumnado e público en xeral poderán participar nas distintas charlas programadas no auditorio municipal José Gil, en As Neves, para o mércores 15 e xoves 16 de maio. De 10 a 14:30 horas, expertos en calidade alimentaria, coidados, consultoría empresarial, ensino, gastronomía, networking, saúde e terapia ocupacional afondarán na importancia de ofrecer calidade en cada servizo e produto.

Practicar a excelencia como motor da nosa vida non só axuda a acadar obxectivos laborais e persoais, tamén forma unha sociedade mellor e con esta intención traballa este centro educativo que dende o ano 1974 forma e educa alumnado dende o rural. Proactivo e convencido de que o coñecemento debe aprenderse da man de expertos a EFA A Cancela ofrece ao seu alumnado distintas actividades ao longo do ano que promovan o contacto co tecido empresarial ademáis das prácticas en centros de traballo e do programa Aula Empresa. 

En continuo contacto coa súa contorna a EFA A Cancela procura a retroalimentación e organiza charlas, xornadas e obradoiros nos que profesionais de todos os sectores interactúen co alumnado. É esta dinámica un dos piares da excelencia xunto a aprendizaxe, a investigación e a incorporación de melloras que provocarán un impacto significativo na produtividade e na satisfacción persoal. 

Para render homenaxe a unha das máximas que rexe o traballo diario da EFA A Cancela, a Semana Gastrocultural visibilizará a excelencia como línea de negocio e como recurso para acadar melloras sociais. 



Por este motivo, a EFA A Cancela traerá ao auditorio de As Neves proxectos, entidades e empresas que son exemplo de boas prácticas e abanderadas da excelencia.


O mércores día 15 ás 10 horas abrirá a novena edición Jorge Cameselle, doutor en Medicina e Cirurxía, académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. A continuación, ás 10:45 intervirá Leví Olivares, xerente de EVD Galicia, centro ocupacional e residencia que presta servizos a cidadanía cubrindo servizos de alto valor social e difícil cobertura. Ás 11:30 horas Víctor Conus, chef de “La Mesa de Conus” compartirá a súa experiencia de negocio. Logo da pausa para o café, ás 13:00 horas, José Antonio Fernández, administrador de TECSEM S.L, abordará a excelencia dende a consultoría empresarial. Xa para rematar a xornada de mércores, Óscar Pérez, secretario xerente e director técnico do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulla centrará a súa exposición nas claves de éxito da aposta pola calidade.


A xornada de xoves arrinca con Cristina Gil e Selene Barros de Micelio Terapias S. Coop. Galega para dar paso ás 10:45 a Estrella López-Pardo, doutora en Medicina. Ás 11:30 Cristina Pereira e Caterina Ruzza do Eleven School Montessori British Education achegaranos á excelencia aplicada ao ensino. Ás 13:00 horas Lina Río, delegada de Kairo Club de Negocios, presentaranos novas metodoloxías de traballo en rede. Ás 13:30 horas Luis Cabarcos Corral, director xeral de AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria) ofrecerá a súa visión para clausurar xunto á presidenta da EFA A Cancela, María del Carmen Gil, e ao alcalde de As Neves, José Manuel Alfaro esta nova edición.

A presidenta, M.ª del Carmen Gil, agradece a participación de todos e todas as poñentes e salienta a importancia de coñecer experiencias que conxugan emprendemento, empresa, economía e acción social. 

Ademais, sinala que este evento conta co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de As Neves e do GDR Terra e Auga e convida a todo o tecido empresarial, colectivos e cidadanía a participar nesta novena edición que abre as súas portas dun xeito gratuíto e cun enfoque participativo. 

Relacionadas

O BNG denuncia o estado de abandono da rúa San Roque e insta a...

0
Desde hai meses, a rúa San Roque vén sufrindo problemas no tramo que discorre entre a gasolineira e a Praza da Independencia como consecuencia...

Adxudicadas as obras de mellora da mobilidade na rúa Trovador Xoán García de Guillade

0
• Completarase a plataforma única no entorno do parque Ferro Ucha e asfaltarase o tramo ata cemiterio • Tamén se rebaixarán os lombos redutores e...

Luis López certifica coa presentación de investimentos por máis dun millón de euros nas...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, presenta a alcaldes e concelleiros destas comarcas proxectos valorados en máis dun millón de euros incluídos...

O Rosal continúa cos seus ‘Faladoiros no Xardín’ abordando a detección do abuso sexual...

0
A segunda sesión, a cargo da experta Teresa Calvo, será este xoves 20 de xuño ás 20.30 horas O Rosal continúa xerando espazos seguros nos...

Triple victoria para o UD Mos Feminino que se proclama campión galego en Infantil...

0
As abellas mosenses demostran que son a mellor opción para integrar ‘As Celtas’ O Concello de Mos organizoulles esta tarde ás xogadoras da Unión Deportiva Mos Feminino unha recepción...

O tomiñés Manu Ochoa, nos Xogos Olímpicos de París 2024

0
O Concello felicita ao primeiro deportista olímpico de Tomiño por este gran logro O Concello de Tomiño quere trasladar os seus parabéns ao deportista tomiñés...

Publicacións Relacionadas