Home Pontevedra Luís Bará demanda a cobertura a tempo completo da praza de pediatra...

Luís Bará demanda a cobertura a tempo completo da praza de pediatra das nenas e nenos de Monte Porreiro

- Anuncio -

O BNG leva ao Parlamento galego a demanda de solucións ao deterioro da atención pediátrica na comarca de Pontevedra

O BNG, a través dos deputados Luís Bará e Montse Prado, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentares en forma de proposición non de Lei e preguntas ao goberno da Xunta en relación co deterioro contínuo da atención pediátrica na comarca de Pontevedra.

Nestas iniciativas, o BNG fai fincapé na falta de pediatras no centro de saúde de Lérez que atende a nenas e nenos de Monte Porreiro, de Lérez e das parroquias do norte de Pontevedra, e do concello de Barro. Cabe lembrar que, coa escusa da pandemia do COVID, o SERGAS trasladou a consulta de pediatría de Monte Porreiro ao centro de saúde de Lérez, un servizo compartido co concello de Barro.

A persoa titular desta praza no centro de saúde de Lérez estivo de baixa e recentemente foille adxudicada unha praza no centro de saúde de Sanxenxo, de modo que desde fai uns meses a asistencia está a ser cuberta mediante prolongacións de xornada doutros pediatras. Como consecuencia, produciuse un empeoramento da atención ás nenas e nenos, ao reducirse as consultas a tres horas tres días á semana (luns, mércores e venres).

Esta situación provoca, ademais, que os tempos de agarda para citas sexa prolongado, que non haxa continuidade na atención pola mesma pediatra, e que en moitas ocasión ás familias teñan que acudir directamente ao PAC da Parda ou ás urxencias no Hospital Provincial, coa conseguinte incomodidade e saturación destes servizos.

Nos días pasados, representantes veciñais de Monte Porreiro dirixíronse á xerencia da área sanitaria solicitando unha reunión para procurar unha solución que permita mellorar a atención pediátrica dos 471 nenos e nenas adscritos ao centro de saúde de Lérez.
Soutomaior, máis de 500 días sen pediatra
Mais o do centro de saúde de Lérez non é un caso único. Compre lembrar, neste sentido, o escandaloso caso do centro de saúde de Arcade, que leva máis de 500 días sen pediatra.
Para poñer fin a esta situación, o BNG diríxese, a través do Parlamento, á Xunta e ao SERGAS para que, coa maior brevidade posíbel, corrixa esta situación e dote a estes centros de pediatras,que permitan darlle a todas as nenas e nenos da comarca de Pontevedra a atención sanitaria que merecen e, ao tempo tempo, contribúa a paliar a saturación das urxencias pediátricas dos centros de referencia.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas