Home Pontevedra Caldas Luís Bará: “No BNG temos proxecto para devolver a esperanza a Galiza”

Luís Bará: “No BNG temos proxecto para devolver a esperanza a Galiza”

- Anuncio -

O cabeza de cartel afirma en Catoira que un goberno de Ana Pontón na Xunta será aliado para impulsar máis solo industrial e mellorar as comunicacións

Apela a unha gran mobilización o 18F para que o Bloque supere os resultados de 2020 e sexa primeira forza política, igual que aconteceu ao acadar a Alcaldía

Luís Bará, cabeza de lista do BNG por Pontevedra, afirmou hoxe no mitin de Catoira que o Bloque “ten proxecto de goberno para devolver a esperanza a Galiza”. O nacionalista destacou que o 18F todas as persoas que están fartas coa maneira de gobernar do Partido Popular teñen  que mobilizarse e concentrar na papeleta do BNG as ganas de cambio. Subliñou, ademais, que a forza nacionalista será aliada de Catoira e a comarca mellorando servizos e poñendo o país a producir.

O número un pola provincia defendeu que “cada voto é fundamental” porque o resultado final decidirase por pouco, e retou á veciñanza de Catoira a “ir a por todas” e conseguir que o BNG sexa a primeira forza política no municipio, xa que no 2020 o PP só gañou por 47 votos. “Imos ser primeira forza política, imos a por todas”, animou, lembrando que o cambio no concello foi posible hai apenas uns meses coa chegada de Xan Castaño á Alcaldía.

Bará destacou que hai outra forma de gobernar o país, que encarna Ana Pontón, e que é moi diferente á de Alfonso Rueda. Destacou que o PP non pode presentar balance do tempo que leva á fronte do executivo galego, por iso nestes días de campaña promete “o que non fixeron en 15 anos e sacan os cheques, bonos e agasallos como vendedores de crecepelo… moi nerviosos polo medo ao cambio imparable que representa o BNG”.

Subliñou que o BNG ten proxecto, propostas e alternativas baseadas en dúas grandes ideas: mellorar a vida da xente e poñer o país a producir. Anunciou que se mellorará a sanidade (cun plan de choque de 200 millóns para Atención Primaria), e se priorizará a atención á infancia e ás persoas maiores, dando coidados de calidade públicos en lugar da mercantilización actual que deixa a vellez en mans de multinacionais.

Falou tamén o cabeza de cartel de poñer o país a producir e avogou por poñer en marcha o potencial, recursos e riqueza ao servizo do país mobilizando o aforro, as obras públicas, a creación de empresas, e vivendas. Tamén subliñou a necesidade de aumentar o valor engadido dos produtos que se obteñen no monte ou do agro, e potenciar o mar, para o que anunciou o Proxecto Rías, unha proposta para rexenerar e sanear o litoral e aproveitar a capacidade de xeración de emprego, axudando ás mariscadoras que agora están a pasar por dificultades cun seguro público.

De maneira concreta en relación con Catoira, Bará salientou que o BNG dende a Xunta traballará para ampliar o solo industrial e ademais mellorar as comunicacións viarias co fin de atraer máis empresas a unha zona con moito dinamismo.  Defende o nacionalista

a creación dun parque localizado na zona de influencia da estrada provincial EP 8001 que une Catoira con Carracedo. Así mesmo, garante que o futuro goberno do Bloque asumirá a titularidade desa vía –incluíndo a Ponte de Catoira- e promoverá que se executen os accesos e saídas na AP9 para dar servizo á área industrial, ademais de poñer ao día todas as estradas autonómicas da zona, con grandes deficiencias.

Comprometeu tamén o candidato da aposta por mellorar as comunicacións en tren, cun ferrocarril de proximidade (o Galtren), e avanzou a posta en marcha do Plan Baixo Ulla co fin de promover de maneira conxunta con todos os concellos de ambas beiras do río todas as potencialidades da zona a nivel económico, turístico, e cultural.

Asegurou Bará que para o 18F falta unha semana decisiva na que se decide o futuro do país. “Vai todo moi ben para o BNG, con datos e ambiente extraordinarios”, dixo, pero afirmou que non está todo feito, polo que insistiu na necesidade dunha participación masiva e de concentrar o voto no Bloque para que non se perda ningún apoio noutras opcións que non teñen capacidade de derrotar ao PP e sacalo do goberno.

O PP, un comercial das empresas

A candidata Montse Prado fixo unha chamada a facer balance do país que deixa o PP e a actuar en consecuencia. Afirmou que “temos un país rico cos peores indicadores, as pensións máis baixas só por detrás de Extremadura, emigración de máis de 200.000 mozos con talento e preparados, e perdidos máis de 55.000 persoas traballadoras”, polo que asegurou que a situación “pide a berros un cambio de rumbo na Xunta e un goberno que queira ser un goberno do país e non un comercial das empresas e do goberno de Madrid, como é o PP na Galiza”,

Fai falta un goberno do BNG, insistiu, que pelexe e traballe defendendo a sanidade –lembrou que os problemas de falta de médicos no centro de saúde en Catoira non están resoltos definitivamente-, os recursos, os servizos sociais, os sectores produtivos, e que aposte pola enerxía ao servizo do país e contra eólicos. “Nos –afirmou.- estivemos en en todas esas loitas colectivas, agora fai falta que esas loitas se convertan en apoio ao BNG, e que os que non están de acordo con como goberna o PP aposten polo BNG”, insistiu, facendo fincapé no cambio a positivo que xa se produciu en Catoira dende a chegada ao goberno local da equipa de Xan Castaño.

Pola súa banda, o alcalde afirmou que os concellos precisan dunha Xunta de Galiza que os trate a todos por igual independentemente da súa cor política. “Xogamos o futuro da mocidade, a sanidade, educación pública e atención digna ás persoas maiores”, confirmou.

Asegurou que Catoira leva discriminada polo goberno do PP moitos anos sen ter obradoiro de emprego que sirva de panca para a formación de persoas, con fondos para o SAF insuficientes e coa concentración parcelaria máis de 24 anos paralizada e sen visos de rematar salvo polo impulso que está a dar agora o Concello e a nova Xunta local composta por moitas mulleres. “Iso –dixo convencido- solucionarase da man do goberno de Ana Pontón”.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas