Home Pontevedra O Condado Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que...

Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que agochan os libros” nun contacontos organizado pola Deputación para celebrar o Día do Libro

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, amosa o apoio do goberno provincial á cultura e ao sector da literatura nun acto que contou co espectáculo do ilustrador Marc Taeger e o narrador Caxoto no Pazo provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, animou aos escolares do colexio Froébel de Pontevedra a descubrir “os segredos que agochan os contos” nunha actividade de contacontos organizado no Pazo provincial para celebrar, este 23 de abril, o Día do Libro. O mandatario provincial e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, presentaron aos preto de vinte alumnos a alumnas de primeiro ciclo de Primaria deste centro pontevedrés dous dos seus contos favoritos antes de dar paso ao espectáculo do contacontos Caxoto e o ilustrador Marc Taeger. “Cando sexades maiores ídesvos lembrar sempre do primeiro libro que lestes, así que anímovos a que leades moito”, díxolles Luis López aos escolares.

A Deputación de Pontevedra vestiu o vestíbulo do Pazo provincial para a celebración do Día do Libro con estantes cheos de libros, contos e ilustracións infantís, así como coxíns no chan onde sentaron os nenos para desfrutar do espectáculo de Caxoto y Taeger, que interpretaron a dous simpáticos pintores que encheron de risas e cor a sede da Deputación. Un acto que serviu para poñer en valor a importancia das librarías da provincia como eses “espazos tan bonitos cheos de historias e aventuras”, definiu o deputado Cubela. Ademais a Deputación complementa este acto coa posta a disposición da cidadanía da provincia dun espazo na páxina web do organismo provincial cos mellores libros infantís que recomendan as editoriais de Galicia, así como unha actividade titulada “Crea o teu primeiro libro” para que os máis pequenos da casa xoguen a ser escritores e a escribir as súas primeiras historias.

Ademais, a xornada rematou cunha lectura conxunta dunhas pasaxes dos libros favoritos do alumnado. Unha proposta na que tamén participou o presidente López, que recomendou dous libros moi especiais elixidos polos seus fillos: “Adivina cuánto te quiero” e “Fiz, o coleccionista de medos”. Tamén o deputado Cubela realizou a súa achega animando a ler “A Galiña Azul”, de Carlos Casares.

“A Deputación é a casa de todos os pontevedreses e pontevedresas, pero tamén é a casa dos libros”, concluíu Luis López para explicar á cativada para que serve a Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

Luis López destaca o traballo da Deputación para aumentar en 1,8 millóns de euros...

0
O presidente provincial referiuse ao remate da bonificación do 95 % do IBI da que gozaba Audasa e que aumentará os ingresos dos doce...

A Deputación destina 280.000 euros aos concellos de Tui e Vilagarcía para acometer melloras...

0
Tui recibirá 105.000 € para realizar melloras na pista polideportiva de Randulfe e Vilagarcía de Arousa 180.000 € para a reposición do céspede artificial...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta o catálogo da exposición “Juan Carlos Meana. O espazo...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o catálogo da exposición “Juan Carlos...

Facer o Camiño en Handbike e Joëlette

0
Un grupo de persoas usuarias e voluntarias do Instituto Médico Pedagóxico de Barcelona e de Discamino fixeron un alto na súa viaxe a Santiago...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

Publicacións Relacionadas