Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da primeira fase da construción da senda peonil entre Baión e András

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanzou no compromiso do goberno provincial de construír unha senda peonil entre as localidades vilanovesas de Baión e András, na marxe da estrada EP-9701, e atender deste xeito unha demanda histórica da veciñanza deste Concello. Fíxoo durante un encontro de traballo co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, ao que recibiu no seu despacho do Pazo provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, para avaliar a situación actual da primeira fase deste proxecto, abordar outros asuntos de interese mutuo e reforzar as vías de cooperación entre ambas as administracións.

Despois da visita do mandatario provincial ao Concello de Vilanova de Arousa no pasado mes de outubro no que puxeron sobre a mesa a construción deste itinerario peonil, os dous dirixentes deron un novo paso adiante para a execución da obra. O proxecto, valorado en case un millón de euros, xa está redactado e nas vindeiras semanas ambas as administracións asinarán un convenio para fixar os termos para a súa execución.

Os traballos centraranse na creación dun itinerario peonil de 570 metros na estrada provincial EP-9701 entre Baión e András. Un treito que ten problemas de seguridade viaria ao presentar beiravías de dimensións reducidas e carecer de beirarrúas. Con esta actuación mellorarase de xeito significativo a conexión entre os dous núcleos, fomentarase a mobilidade peonil e reducirase o risco de accidente na contorna do colexio, a gardería, o centro de saúde e os núcleos poboacionais. Un obxectivo que se acadará coa ampliación do trazado, a nova pavimentación do firme e a renovación dos servizos, a creación dunha plataforma compartida na parte final da senda, a instalación de redutores de velocidade, a mellora da entrada peonil desde a estrada á gardería, a optimización das actuais paradas de autobuses e a mellora do cruzamento coa estrada autonómica PO-531.

Ademais de analizar a situación actual da primeira fase deste proxecto de mellora integral da seguridade viaria na EP-9701, López e Durán abordaron tamén outros proxectos froito da colaboración entre ambas as administración como estrada das Sinas e Ousensa.

Do mesmo xeito, o presidente da Deputación reiterou o compromiso de colaborar cos concellos en todo o que sexa posible e recordou programas provinciais de cooperación cos municipios que xa están en marcha como o +Provincia ou os de apoio ao tecido asociativo como o +Aqua ou o Plan Provincia Comunitaria.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Publicacións Relacionadas