Luz verde á aprobación inicial do Ecoparque empresarial da Montesiña

Redacción

Coa autorización ambiental da Xunta de Galicia o concello de Soutomaior da un paso máis no Ecopaque Empresarial coa aprobación inicial deste proxecto. Un proxecto cuxa redacción está sendo levada a cabo pola empresa Ótima dirixida polo prestixioso arquitecto e ex xerente de Urbanismo en Vigo, Xavier Rivas.

O Ecoparque Empresarial é un dos proxectos máis ambiciosos do concello de Soutomaior, un proxecto que vai a transformar a economía do concello dándolle soporte as empresas e cubrindo unha alta demanda empresarial.

A Montesiña, área de transición entre Arcade e Soutomaior, con este proxecto converterase nunha zona urbanizada. Dende o Goberno Local lembraron nesta xornada que o ecoparque empresarial vai a poder asumir a máis de 40 empresas. O alcalde Manu Lourenzo lembrou nesta xornada a alta demanda, que dende o momento que se anunciou este polígono, o Goberno de Soutomaior está recibindo ofertas de moitas empresas interesadas en querer ubicarse en Soutomaior.

O proxecto conta que xa contaba coa autorización ambiental da Xunta de Galicia e cunha batería de beneficios fiscais para todas aquelas empresas que se asenten no concello con bonificacións no IBI, IAE e ICIO, conta agora coa aprobación inicial do proxecto.

Tal e como dixo o alcalde, Manu Lourenzo, “con esta aprobación inicial Soutomaior dá un paso de xigante no proxecto do ecoparque empresarial. Estamos a falar dun dos proxectos máis importantes para o concello de Soutomaior das últimas décadas, un proxecto que contará cunha infraestrutura moderna e ecolóxica”.

Trátase, este ecoparque empresarial, dun proxecto que se vai a desenvolver por cooperación e que  axudará a vertebrar as dúas parroquias de Soutomaior, servindo de ponte entre elas e revalorizará o concello de Soutomaior.

Comparte este artigo