● O VIDOC consolídase no seu primeiro ano facilitando trámites inmediatos sen saír do municipio
● O servizo móbil da Policía Nacional, que permite expedir documentos no acto, regresará á Praza Antonio Palacios o 18 e o 27 de maio
Máis de 400 persoas puideron renovar o seu DNI e pasaporte sen desprazarse do Porriño grazas ao Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional que dende fai un ano realiza parada na Praza Antonio Palacios. Este servizo, dependente da Comisaría de Vigo-Redondela pero con cita previa na Policía Local do Porriño, permite realizar toda a tramitación, tanto do DNI como do pasaporte, no momento e nun único desprazamento grazas á súa capacidade tecnolóxica para a emisión instantánea dos documentos.
No ano que se leva tramitando esta iniciativa, a nova unidade móbil xa facilitou a renovación do DNI a máis de 400 persoas no Porriño. O alcalde, Alejandro Lorenzo, que volveu esta semana a visitar a unidade móvil, destacou que este tipo de servizos “melloran a calidade de vida da veciñanza e afondan na igualdade de acceso aos recursos públicos, especialmente para as persoas maiores ou con dificultades de mobilidade”. De feito, Alejandro Lorenzo, foi un dos primeiros en renovar o seu DNI na unidade móbil fai agora un ano, no mes de maio de 2025. Ata entón, a expedición do pasaporte só se realizaba en dependencias policiais, e para o DNI era necesario acudir en dúas fases a unidades móbiles que logo se desprazaban novamente para a entrega dos documentos xa emitidos. O rexedor agradecía na súa ultima visita á Policía Nacional este traballo, e tamén a colaboración da Policía Local.
As persoas interesadas en renovar ou expedir os seus documentos a través desta unidade deben solicitar cita previa nas dependencias da Policía Local do Porriño. O vehículo regresará ao municipio os próximos 18 e 27 de maio.
👮Máis de 400 persoas renovan no Porriño o seu DNI no primeiro ano de funcionamento da VIDOC. Queremos que estedes preto e que teñades todos os servizos no Porriño.
🗓️ As vindeiras data son o18 e o 27 de maio
📍 Praza Antonio Palacios.
📞 Cita previa en: Policía Local do Porriño

