Home Pontevedra Baixo Miño Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

- Anuncio -

É unha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares

Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de Tui, a décimo quinta edición de “Tui Le”, unha iniciativa promovida pola Biblioteca Pública Municipal de Tui xunto coas bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui. Trátase dunha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que se celebra anualmente.

Nas actividades programadas participarán máis de 650 alumnos e alumnas do IES San Paio, IES “Indalecio Pérez Tizón”, CEIP nº 1, CEIP nº 2, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Guillarei, CEIP de Rebordáns, CEIP de Randufe, CRA “Mestra Clara Torres”, Colexio Santa María – Maristas e Seminario Menor “San Paio”. Dado o volume de participantes e a diversidade de idades haberá dúas quendas, unha para Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria e outra para os últimos niveis de Primaria e os cursos de Secundaria.

Cada centro participante presentará un póster, elaborado polo alumnado, centrado este ano na figura de a quen está dedicado este ano o “Día das Letras Galegas”. Moitos dos alumnos participantes realizarán tamén no decurso da actividade intercambio de libros usados.
Este ano o encontro contará con dúas quendas de actividade. Ás 10 h para o alumnado máis pequeno contarase co espectáculo “Cores, contos e rock coa Ramona pequena” de Pakolas e Laura Romero. Un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público.

Posteriormente dende ás 11,30 asistiremos a diversas actuacións a cargo do alumnado do IES San Paio e do IES Indalecio Perez Tizón, do CEIP de Pazos de Reis, do Seminario Menor e do Colexio Maristas que realizaran diversas declamacións, pezas musicais e teatralizacións relacionadas co mundo das letras e da lectura.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, sinala que con esta nova edición de “Tui Le” o Concello segue apostando polo seu traballo a prol do libro e a lectura dende o convencemento que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social. Ademais congratúlase por esta iniciativa singular de cooperación entre as bibliotecas escolares e a Biblioteca Municipal consolidada nestes quince anos de colaboración arredor da animación e promoción da lectura.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas