Manuel Campos visitou a Dolores Barros Pérez. Esta veciña da Louriña, pertencente á parroquia de Santa María, cumpre 101 anos. O rexedor local felicitouna en persoa. Lola, como a coñecen entre os seus achegados, chega a esta idade acompañada da súa familia e cun sorrizo nos beizos.
Na visita tamén estiveron presentes a tenente de alcalde, Conchy Campos, e a concelleira Sandra Barreiro. Lola foi a maior de 12 irmáns e a día de hoxe goza dunha excelente saúde, memoria e humor.

