O concello de Nigrán acolle este sábado en Monteferro a terceira edición do único trail de relevos exclusivamente feminino que se celebra en España

adminON

Neste terceiro ‘Asaltamontes Female’ participan preto de 300 mulleres chegadas de diferentes países. Os equipos competirán durante 5 horas, gañando o que complete un maior número de voltas

A iniciativa parte da asociación fundada pola atleta Aroa Sío e Arantxa Pérez de Lis, e o obxectivo é motivar a máis mulleres a que practiquen este deporte todavíaminoritario entre elas

O Concello de Nigrán acolle novamente este sábado 27 de setembro una proba deportiva única en toda España: un trail por relevos exclusivamente feminino. A competición, bautizada como ‘Asaltamontes Female’, tome o nome da devandita asociación, fundada no 2022 pola corredora profesional Aroa Sío (natural de Fragoselo, Vigo) e a súa amiga Arancha Pérez de Lis, co obxectivo de animar a máis mulleres a “botarse ao monte” e deixar de ser minoría neste deporte. Esta carreira pioneira recibirá a preto 300 mulleres de toda España (e mesmo de países como Arxentina) e terá lugar durante toda a mañá en Monteferro en equipos de 4 mulleres.

“Estamos moi orgullosos de ser unha referencia en España en deporte igualitario grazas a esta proba, o que buscamos é normalizar este tipo de eventos e que máis mulleres se animen a ser as protagonistas”, explica o alcalde, Juan González, quen, de feito, agradece a Asaltamontes ter contando co Concello de Nigrán para que a porcentaxe de mulleres que practican trail suba do 10% actual.

A carreira terá lugar desde as 9:00 ás 14:00 horas e adoptará un emocionante formato de relevos, onde cada integrante de cada equipo dará unha volta a un bucle circular de 2,5 quilómetros, nun terreo de monte tecnicamente fácil. As participantes estarán comprometidas a completar polo menos 2 voltas. A estratexia para alcanzar este obxectivo será determinante, xa que o equipo que logre finalizar máis voltas alzarase coa vitoria. As categorías serán 5 (de ‘baby’ a ‘cañeras’), compostas pola suma de idades dos equipos. Esta deseñada así para, precisamente, favorecer a parte máis lúdica deste deporte e “enganchar” a todas aquelas mulleres que se animen por primeira vez.

As “as asaltamontes” son máis de 200 mulleres de toda a provincia (fundamentalmente Val Miñor e Vigo) que a través de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Saiáns, Coruxo, Redondela… Aínda que o grupo de idades é moi amplo (moitas acuden coas súas fillas) o común é que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afición da infancia ou adolescencia, como lle pasou á propia Aroa Sío (en cambio, Arancha non tiña practicado trail antes). Ademáis, as “asaltamontes” organizan quedadas internacionais onde se reúnen mulleres de todo o mundo para correr.

Comparte este artigo