Home Pontevedra Deza Medra a oportunidade de negocio nos Encontros de Salimat Abanca: un 22%...

Medra a oportunidade de negocio nos Encontros de Salimat Abanca: un 22% máis de compradores alimentarios permitirán abrir mercado en 19 países

- Anuncio -

OS EXPOSITORES DO SALÓN REUNIRANSE CON 33 IMPORTADORES E DISTRIBUIDORES DURANTE O PRIMEIRO DÍA E MEDIO DO CERTAME, O CAL SE CELEBRARÁ DO 30 DE MAIO AO 2 DE XUÑO XUNTO Á FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que celebrará a súa 27ª edición do 30 de maio ao 2 de xuño xunto á feira Abanca Semana Verde, volverá desenvolver os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que facilita ás empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en España como noutros países.

Nesta ocasión o salón aumenta o número de compradores presentes un 22%, ofrecendo aos seus expositores a oportunidade de mostrar os seus produtos a 33 importadores e distribuidores alimentarios de dezanove países, como son Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Costa Rica, España, Finlandia, Francia, Italia, Israel, Xapón, Lituania, México, Malta, Polonia, Reino Unido, República Checa e Suecia.

Deles, vinte e catro son importadores e os restantes son compradores nacionais, correspondéndose con catro distribuidores e catro cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presenza no país como son Carrefour, Gadisa, El Corte Inglés e Lidl, sendo a primeira vez que esta última participa nos Encontros. Unha incorporación que amplía as oportunidades dos expositores de salón.

Na súa inmensa maioría mostraron a súa preferencia en coñecer aceites, viños e outras bebidas alcohólicas, queixos e lácteos, conservas, elaborados cárnicos, snacks ou mel, ademais de produtos gourmet, ecolóxicos e de pequenos produtores.

Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2024, os cales contan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), posibilitarán ás empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas as partes. Estas serán durante todo o primeiro día e ata o mediodía da segunda xornada do certame.

Son así unha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de que as súas propostas sexan incluídas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribución.

Visitas en distintos puntos de Galicia

Ademais das reunións de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluirán desde o venres 31 de maio pola tarde e ata o domingo día 2 de xuño pola mañá unha actividade na que participarán moitos dos importadores e distribuidores. Esta consistirá en visitas a varias empresas galegas e tamén a distintos enclaves turísticos de interese da Comunidade.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas