Mos inicia una nova edición do programa Tempo de Lecer 2026 en asociacións veciñais do municipio

Redacción
Lectura mínima de 3

O Concello de Mos dá comezo a unha nova edición do programa Tempo de Lecer 2026 coa posta en marcha de varios cursos en asociacións veciñais do municipio.

Entre as actividades que comezan nestas datas atópanse:

Na AA.VV. Chan do Bosque, curso de risoterapia, os luns, en horario de 18:00 a 20:00 horas (empeza o vindeiro luns).

Na AA.VV. Nosa Terra de Pereiras, actividade de tonificación-GAP, que se desenvolverá os luns e venres de 19:30 a 20:30 horas.

Na AA.VV. Celado de Cela, obradoiro de axilidade mental e técnicas de memoria, os venres en horario de 18:00 a 20:00 horas.

O programa complétase cunha ampla oferta de cursos promovidos polas asociacións veciñais, entre os que se inclúen:

* CSCD As Pedriñas: iniciación á cestería e repostería saudable.

* Asoc. MM.RR. Val da Louriña: cultivo ecolóxico.

* AA.VV. Nosa Terra de Pereiras: elaboración de licores.

* Asoc. de Veciños Miliario de Guizán: cultivo ecolóxico e intelixencia artificial.

* ACSV Herville: tapicería e cosmética natural.

* Asoc. Palilleiras de Mos: palillos avanzado e calceta ou ganchillo.

* Círculo Cultural Abrente: chan pélvico e poda e enxertos.

* Asoc. Maiores Asomamos: pandeireta e cantiga galega.

* AA.VV. Dornelas: poda e enxertos e musicoterapia.

* Asoc. Recreativa Cultural Guizán: pandeireta e canto e recordos.

* AA.VV. Chan do Bosque: internet e redes sociais.

* AA.VV. Petelos: cociña sa e poda e enxertos.

* ACD Santa Eulalia: plantas medicinais e repostería creativa.

* Agrupación Cultural A Cividade: tapas e canapés e corte e confección.

* AA.VV. Santa Baia de Mos: cociña.

* CRC Torroso: tapicería.

* AA.VV. San Mamede de Torroso: corte e confección e cociña tradicional.

O programa Tempo de Lecer conta xa con 17 anos de traxectoria e reúne en cada edición arredor de 20 asociacións e máis de 450 participantes, consolidándose como unha das iniciativas municipais con maior participación no ámbito da dinamización sociocultural.

Esta convocatoria comprende a posta en marcha duns 34 obradoiros dirixidos a asociacións veciñais, culturais, de maiores e de mulleres rurais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Cada entidade pode solicitar ata dous obradoiros de 20 horas, que se desenvolven en dúas quendas: unha entre os meses de maio e xullo e outra entre setembro e decembro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse contactando directamente coa asociación correspondente a través dos teléfonos que figuran no cartel informativo.

Comparte este artigo