HomePontevedraA ParadantaO 7 de marzo abre o prazo para solicitar os postos de...

O 7 de marzo abre o prazo para solicitar os postos de venda e ataccións para os días da Festa da Lamprea

- Anuncio -spot_img
  • A LXV Festa da Lamprea terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril de 2025.
  • O prazo para presentar as solicitudes para colocación de postos estará aberto desde o 7 de marzo ata ó 14 de abril, ambos os incluídos.

Abril é a cita da Festa da Lamprea de Arbo, onde os arbensen renden homenaxe a unha forma de vida que dá sentido a un territorio e a un sabor inconfundible que convida a viaxar no tempo, e con tal motivo o Concello de Arbo, acaba de aprobar e publicar as bases de participación dirixidas aos profesionais de atraccións, casetas e venda da LXV Festa dá Lamprea que terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril.

O prazo para presentar as solicitudes para colocación de postos estará aberto desde o 7 de marzo ata ó 14 de abril, ambos os incluídos.Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda, deberán cubrir a solicitude oficial e a Declaración Responsable  e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica do Concello de Arbo

Deberá estar correctamente cuberta a solicitude e a declaración, de non ser así, entenderase por inadmitida. A solicitude deberá ir acompañada pola documentación requirida na normativa vixente e que esta publicada no taboleiro de anuncios da sede electronica do Concello de Arbo e na páxina web www.festadalamprea.gal

Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común. Con todo, no caso de presentarse forá do Concello, o/a solicitante deberá dirixir por correo electrónico á dirección oficinas.concellodearbo@gmail.com unha copia da instancia debidamente presentada con anterioridade ao final do prazo, a efectos de que poida ser incluída na relación de solicitantes. En caso contrario inadmitirase dita solicitude. Habilítase o teléfono 986 66 50 00  para información e resolución de dúbidas. 

O Concello de Arbo asignará os espazos atendendo en todo caso a criterios técnicos e de dispoñibilidade. Para a asignación dos espazos dispoñibles serán tidas en conta soamente as solicitudes que achegasen toda a documentación correcta nos prazos establecidos para o efecto.

Publicacións Relacionadas