O alcalde de Baiona, Jesus Vázquez Almuiña, acode á presentación do proxecto de residencias da Xunta de Galicia

Redacción

Baiona súmase ao proxecto de novas residencias de maiores da Xunta.

O 100% dos concellos seleccionados xa formalizou a súa adhesión a esta iniciativa, que prevé crear 25 centros e máis de 1.800 prazas en Galicia, polo menos o 60% de titularidade pública.

O Concello de Baiona xa trasladou á Xunta o seu compromiso de participar no proxecto e poñer ao dispor unha parcela municipal. As entidades locais teñen un ano para formalizar a cesión dos terreos.

O plan busca achegar recursos de atención ás persoas maiores e crear espazos de convivencia en grupos reducidos.

Comparte este artigo