Os estudantes franceses están a cursar simultáneamente no seu centro educativo o bacharelato francés e o español
O alcade de Nigrán, Juan González, despedíu esta mañá no Concello ao alumado bretón de intercambio no IES Val Miñor e que partía hoxe de volta a Francia. Trátase do terceiro ano consecutivo que ambos centros comparten esta iniciativa que implica a cadansúa vintena de estudantes de francés e español de 4º da ESO e 1º de Bacharelato respectivamente. Mentras que o alumado de Nigrán cursa francés como lingua optativa, o do Instituto Rabelais de Saint Brieuc está a facer un dobre bacharelato dentro do programa Bachibac (itinerario educativo mixto que permite a estudantes de España e Francia obter simultáneamente o título de Bachiller español e o Diplôme du Baccalauréat). Durante esta semana os rapaces estiveron aloxados nas casas das crianzas de familias nigranesas que anterioremente visitaron a Bretaña e participaron nun amplo programa sociocultural deseñado polo IES Val Miñor.
“Estes alumnos franceses son estudantes de excelencia que teñen un gran interese pola lingua e a cultura españolas, ata o punto de facer ese dobre esforzo de cursar o dobre bacharelato; o español está de moda en Francia, interésanse tanto por Goya, como pola Guerra Civil como pola letra de Bad Bunny na súa actuación na Super Bowl “, explica a súa coordinadora.

