O alcalde do Porriño visita Aceesca Lume para felicitar ás subcampioas galegas de baristas

Redacción

● Alejandro Lorenzo destacou o talento de Laura Pampillón e Jesusa Argibay e animou a toda a veciñanza a probar o “café de premio” que serven en Torneiros.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, achegouse ata o Centro Cultural Alba de Torneiros para felicitar persoalmente a Laura Pampillón e Jesusa Argibay (Susi), as aprendices de Aceesca Lume que veñen de acadar o segundo posto no IV Campionato Barista de Centros de Educación Especial.

Durante a visita á cafetería Lume: Sabor e Sabero rexedor puido coñecer de primeira man o traballo que realizan estas mozas, que conquistaron ao xurado en Boiro co seu café de especialidade “Sueño Tropical”. Lorenzo destacou que este éxito é o reflexo do esforzo e da calidade do modelo de Formación Dual Adaptada que se desenvolve no Porriño.

Unha recomendación para toda a veciñanza

O alcalde, tras compartir un momento co equipo, non dubidou en facer un chamamento a todos os porriñeses e porriñesas: “Recomendo a todo o mundo que veña ata Lume a tomar un café de premio”. Lorenzo subliñou que, alén do galardón, o que se ofrece nesta cafetería é un servizo profesional de alta calidade que demostra que a inclusión laboral é unha realidade con resultados excelentes. “Valoramos moito a implicación do Concello do Porriño neste proxecto. A visita do Alcalde é un recoñecemento ao traballo diario que facemos en Aceesca Lume e demostra que, cando as institucións se comprometen coa inclusión, funcionan como unha lanzadeira para o talento. Este apoio axuda a que éxitos como o de Laura e Susi sexan máis visibles e cheguen máis lonxe”, aseguró Ángeles Leirós, gerente de la Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual.

Un proxecto de éxito e formación real

O equipo de Aceesca Lume destacou por enriba de outros oito centros de toda Galicia grazas á súa técnica e dominio sensorial. Este recoñecemento consolida a Lume “Sabor e Saber” como un referente na formación de persoas con diversidade intelectual en contornas de traballo reais.

A cafetería funciona de luns a venres como un establecemento aberto ao público, permitindo que as aprendices se preparen para o mercado laboral ordinario servindo almorzos e comidas con plenas garantías de profesionalidade.

Desde hoxe, o “café de prata” de Galicia agarda por toda a población da contorna, servido polas mans expertas de Laura e Susi.

Comparte este artigo