O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona celebra o Día das Letras Galegas 2026 cunha viaxe máxica pola lingua e a cultura galega

Redacción

O Arquivo Histórico e Biblioteca de Baiona celebrará o vindeiro Día das Letras Galegas 2026, dedicado este ano á escritora Begoña Caamaño, cunha actividade especial dirixida ao público infantil baixo o título “A gran viaxe das Letras Galegas” a cargo de A Xanela do Maxín.

A actividade terá lugar o sábado 16 de maio ás 18:00 horas no Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona.

A proposta, pensada para nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, terá unha duración aproximada de 40 min. A entrada será de balde ata completar aforo. Os nenos e nenas deberán estar acompañados por pai, nai ou titor/a legal. minutos e ofrecerá ao público unha experiencia chea de maxia, emoción e descubrimento arredor da historia, da lingua e da homenaxeada de este ano das letras galegas Begoña Caamaño, unha das voces máis destacadas da literatura galega contemporánea. Escritora e xornalista comprometida coa lingua, coa igualdade e coa cultura galega, Caamaño destacou pola súa capacidade para revisitar os mitos e os relatos clásicos desde unha mirada moderna e feminista. Obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle convertérona nun referente literario pola súa sensibilidade narrativa e pola defensa dunha literatura galega aberta, crítica e comprometida coa sociedade.

“A gran viaxe das Letras Galegas” convida ás familias a embarcarse nun percorrido fascinante a través das palabras, os sons e as lembranzas que forman parte da memoria colectiva de Galicia. Ao longo do espectáculo, o público realizará unha travesía por distintas épocas e polas figuras de autoras e autores

homenaxeados ao longo da historia das Letras Galegas, descubrindo o valor transformador da literatura e do teatro na nosa cultura.

Con esta celebración, o Arquivo Histórico e Biblioteca de Baiona reafirma o seu compromiso coa promoción da lectura e da cultura entre os máis novos, ofrecendo actividades que fomentan a creatividade, a imaxinación e o coñecemento do noso patrimonio cultural.

Comparte este artigo