Terá lugar este sábado, ás 12 horas, na Fonte Gaiteira
O BNG de Catoira conmemora os dous anos de Goberno nacionalista no Concello cun acto que terá lugar o vindeiro sábado 31 de maio, ás 12 horas, na Fonte Gaiteira. Dous anos despois, o goberno municipal fará balance das políticas levadas a cabo ata agora, políticas centradas na defensa das veciñas e veciños e dos seus intereses.
Durante o acto, intervirán o alcalde, Xoán Xosé Castaño, xunto con membros do grupo de Goberno, que presentarán as xestións realizadas dende o inicio do mandato. Neste encontro estarán acompañados pola deputada no Parlamento Galego, Montse Prado e pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
Desde o BNG animan a toda a veciñanza a achegarse a este acto, para compartir entre todas e todos o cambio transformador que está a vivir Catoira.