Home O Salnés Meaño O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a moción presentada en contra do proxecto Altri.

- Anuncio -

A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca.

O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado o xoves 11 de abril a moción en contra da implantación do proxecto Altri en Palas de Rei, alegando que afectará ao medio ambiente da zona centro do noso país, a Ulloa.
A macrocelulosa sería letal para o río Ulla e a ría de Arousa, poñería en risco sectores produtivos como a pesca, o marisqueo e a acuicultura, algo que afectaría social e económicamente á nosa comarca e tamén ao noso concello. Faría incrementar a eucaliptización dos nosos montes, e tamén poñería en risco o Camiño de Santiago, e o turismo máis rural que elixe como destino lugares como Me año.
A moción do BNG foi rexeitada, cos votos en contra do Partido Popular, e a abstención de Meaño Independente “porque nos falta información e tempo para estudiar e ver esas magnitudes que podería causar no noso medio ambiente” dixo a súa portavoz, algo que o BNG entende como unha escusa para non votar a favor, e lamenta que os demáis concelleiros e forzas políticas do concello de Meaño miren para outro lado ante esta bomba medioambiental que afecta de cheo no noso entorno.

Os nacionalistas presentaron tamén unha moción de urxencia para poñer fin aos sistemáticos e abundantes vertidos de augas fecais do Río da Chanca, máis a Alcaldía impediuno escudándose no carácter extraordinario da sesión, argumento incoherente, pois a quenda de rogos e preguntas si foi admitida. A formación non entende a negativa do Goberno Municipal a tratar este problema ambiental existente dende hai xa tempo e que empeorou co aumento das choivas nas pasadas semanas. Así mesmo, critican que a Alcaldía leva dende o mes de novembro sen convocar Pleno Ordinario, cando a periodicidade establecida no Pleno de Organización do 6 de Xullo indica que deben celebrarse cada dous meses, e no caso de que “o día que corresponda sexa festivo ou inhábil, celebrarse o día hábil seguinte”. Queda ao descuberto, por tanto, que isto non se cumpreu.
A concelleira Rosana Domínguez exixiu á Alcaldía que atenda por fin as necesidades da Asociación Cultural Penaguda de Dena, coñecidas polo rexedor dende hai moito tempo. Esta agrupación prestixiosa na localidade e na contorna pola labor que desenvolve no ámbito do baile e música tradicional galega, precisa dun local de ensaio máis amplo onde desenvolver ditas actividades, necesidades que deben ser cubertas.
O peche en Semana Santa do Centro Social Polivalente, a falta de transparencia en canto ao reparto do complemento de produtividade entre o persoal municipal e a mellora de varios puntos do municipio danados polo temporal, foron asuntos sobre os que a concelleira pediu resposta á Alcadía.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas