HomePontevedraPontevedraO BNG fará unha campaña ligada aos problemas reais da sociedade,...

O BNG fará unha campaña ligada aos problemas reais da sociedade, á necesidade de viver do noso traballo e á loita por un mundo en paz

- Anuncio -spot_img

Bieito Lobeira afirmou que o PP vai facer unha política enlamada contra  o BNG, na que non abordará os problemas reais e para o que utilizará ao  seu favor os medios de comunicación públicos  

O BNG apela a contar cunha voz galega, forte, libre e sen intermediarios  que defensa os intereses de Galiza 

O candidato número 2, Bieito Lobeira, acompañado de cargos  institucionais e orgánicos do BNG, declarou que “o BNG está no mellor momento da súa historia  e pretendemos, nesta campaña, trasladar á sociedade cal é nosa idea da Unión Europea, cales  son as alternativas que defendemos”. 

O candidato nacionalista afirmou que frente a esta campaña explicativa e propositiva,  “intuimos enlamada e que non vai tratar os problemas reais da sociedade”. Neste sentido  afirmou que “non é razonábel que o debate nos medios públicos galegos sexa un día laborábel ás  10 da mañán. 

O BNG -afirmou- va facer unha campaña “ligada aos problemas reais da sociedade, á  reinvindicación de poder vivir do noso traballo frente ás limitacións e restricións da Unión  Europea, e á defensa dun mundo en paz. Un mundo onde a Unión Europea non estea ligada á  política armamentística e belicista senón á defensa da paz, a comezar polo dereito do pobo  palestino a viver en paz e sen medo na súa propia terra”. 

Para o BNG, o que nos xogamos nestas eleccións é unha voz galega, forte, libre, sen  intermediarios, sen lle pedir permiso a Madrid ou a Bruxelas para defender os nosos intereses.  “Precisamos esa voz, que xa estivemos tendo na última lexislatura con Ana Miranda, e  confiamos en que o 9 de xuño poidamos demostrar que o noso é un pobo digo”, concluíu Lobeira

Publicacións Relacionadas