Home Pontevedra A Paradanta O británico Tom Glendenning ilustrará este sábado o recinto do skate park...

O británico Tom Glendenning ilustrará este sábado o recinto do skate park de Covelo para visibilizar a emerxencia climática

- Anuncio -

A obra “Hai dous futuros” chamará a actuar contra a emerxencia climática tras ser unha das gañadoras do Concurso de Murais “People & Planet” convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A obra “Hai dous futuros” chamará a actuar contra a emerxencia climática tras ser unha das gañadoras do Concurso de Murais “People & Planet” convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e cofinanciado polo programa DEAR da Unión Europea e a Xunta de Galicia.

O británico Tom Glendenning, residente na cidade de Pontevedra, encargarase de ilustrar o recinto do skate park de Covelo (Pontevedra) coa obra ‘Hai dous futuros’. O xurado valorou a capacidade da proposta para celebrar a natureza con liñas de nivel e cores que evocan a paisaxe, remitíndonos tamén a unha especie de mapa de calor sobre o que nos alerta o ODS 13. Cun estilo abstracto pero propio, a obra espertará a curiosidade en quen a observe, que deberá elixir entre un camiño en harmonía co medio ou un futuro de sombras grises.

Catro obras chamarán a actuar contra a emerxencia climática nos concellos do Barco de Valdeorras, Covelo, Narón e Guitiriz tras gañar o Concurso de Murais ‘People & Planet’. As propostas de Felipe Zúñiga, Tom Glendenning, Andrea Luengo e Pedro González resultaron ser as que mellor ilustran o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 13, que convida a “adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos”. Unha viaxe sostible a Cabo Verde é o premio desta primeira edición do certame, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e cofinanciado polo programa DEAR da Unión Europea e a Xunta de Galicia.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas