O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará unha xornada de portas abertas ao público en xeral o xoves 16 de abril de 2026

Redacción
Lectura mínima de 1

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia, realizará o vindeiro xoves 16 de abril unha xornada de portas abertas en horario de mañá e tarde, dende as 11:00h ata as 13:00h, e tamén dende as 16:00h ata as 19:00h.

O obxecƟvo é ofrecer unha xornada onde presentar e achegar o centro á comunidade e os servizos que nel desenvolven. Realizarase un percorrido polo centro, acompañado dunha presentación do servizo e todos aqueles datos relevantes para as persoas interesadas nel.
A dirección das instalacións é Rúa Alcalde Ezequiel Massoni 7, 1º (Marín)

O teléfono de contacto é: 636 578 034. É aconsellable chamar ou mandar unha mensaxe para confirmar asistencia.

Comparte este artigo