O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño acolle o III Bingo Solidario a favor de AVEMPO

Redacción

O Círculo Recreativo e Cultural (CRC) do Porriño será o escenario o vindeiro sábado, 17 de outubro, da terceira edición do Bingo Solidario a favor da Asociación de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO).

A iniciativa, organizada por CCA Morea, conta coa colaboración directa do CRC do Porriño e do Concello do Porriño. O evento dará comezo ás 21:00 horas nas instalacións da entidade social e cultural.

O principal obxectivo desta cita solidaria é recadar fondos para contribuír ao mantemento dos servizos básicos e de atención especializada que a asociación AVEMPO ofrece diariamente ás persoas afectadas por Esclerose Múltiple e ás súas familias.

Desde a organización fan un chamamento á veciñanza do Porriño e da contorna para sumarse a esta causa, gozar dunha xornada lúdica e colaborar coa mellora da calidade de vida dos doentes desta enfermidade.

Comparte este artigo