O concello de Nigrán traslada os seus parabéns ao oficial Xefe de Policía Local Teodoro de La Peña e dous axentes

Redacción

Os tres foron homenaxeados o pasado venres na Academia Galega de Seguridade Pública pola súa permanencia no servizo

O alcalde de Nigrán, Juan González, felicita en nome de todo o Concello ao oficial-xefe da Policía Local, Teodoro de la Peña, e aos policías Agustín Rial e Germán Novoa, polo seu recoñecemento o pasado venres 9 de outubro na Academia Galega de Seguridade Pública, acto ao que asistíu o presidente Alfonso Rueda. Os tres foron condecorados polos seus anos de servizo, concretamente Teodoro de la Peña e Agustín Rial por 25 anos de permanencia no corpo, e Germán Novoa por 15 anos. Ao acto asistíu o edil Roberto Garrido en representación do rexedor.

“Aproveitamos esta ocasión para agradecerlles tantos anos de absoluta dedicación, profesionalidade e compromiso coa seguridade e o benestar da veciñanza”, sinala o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo