O concello da Guarda informa do cambio de data da charla informativa sobre a compostaxe

Redacción
  • A charla celebrarase finalmente o mércores 3 de xuño, ás 20:00 horas na Casa dos Alonso

O Concello da Guarda informa do cambio de data da charla informativa sobre compostaxe prevista inicialmente para esta semana. A sesión celebrarase finalmente o mércores 3 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa dos Alonso.        

A charla está dirixida especialmente aos veciños e veciñas que solicitaron un composteiro, co obxectivo de que coñezan mellor o seu funcionamento e uso, aínda que tamén permanece aberta a toda persoa interesada na compostaxe ou que xa dispoña dun composteiro.

O Concello da Guarda continúa co reparto gratuíto de composteiros entre os veciños e veciñas. As persoas interesadas poden solicitalo a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.    

Estas accións contan coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Comparte este artigo