O concello de Arbo abre o prazo de inscrición para o XXXI Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”

Redacción
  • A competición, totalmente amateur, desputaráse os días 24, 25 e 26 de xullo no Pavillón Municipal de Deportes.
  • O alcalde, Horacio Gil, destaca o compromiso do Goberno local coa promoción do deporte e o asociacionismo xuvenil a través dun evento que xa é un clásico do verán na comarca.

O Concello de Arbo mantén firme a súa aposta polo fomento do deporte, a saúde e o lecer saudable coa organización dunha das citas máis agardadas do verán deportivo no municipio: o XXXI Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo. A competición desenvolverase os días 24, 25 e 26 de xullo no Pavillón Municipal de Deportes, aínda que as datas definitivas poderían variar lixeiramente en función do número final de conxuntos anotados.

O torneo, de carácter totalmente amateur, xogarase baixo un sistema de grupos que se determinará unha vez pechada a listaxe de participantes.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, amosou a súa satisfacción pola continuidade dun evento que cumpre trinta e dúas edicións dinamizando a vida deportiva do concello: “Para o Concello de Arbo é unha prioridade absoluta apoiar e promocionar o deporte en todas as súas disciplinas e idades. Este Torneo de Fútbol Sala ‘Vila de Arbo’ non é só unha competición competitiva e sa, senón un punto de encontro clave para a mocidade e os afeccionados de toda a comarca durante o verán”, sinalou o rexedor.

O prazo para formalizar a inscrición rematará o venres 17 de xullo de 2026 ás 24:00 horas, ou ben no momento no que se cubran todas as prazas dispoñibles.

  • Prezo por equipo: 75 € (que se ingresarán na conta facilitada pelo Concello) máis 25 € en conceito de organización, que se entregarán en man antes do comezo do primeiro partido.
  • Procedemento: Os interesados deberán empregar o modelo oficial facilitado polo Concello, rechear o formulario e envialo ao correo electrónico da organización ou tramitalo a través da sede electrónica do Concello de Arbo.
  • Confirmación: Unha vez enviado o formulario, o equipo recibirá unha confirmación de alta e disporá dun prazo de 36 horas para facer efectivo o pago no número de conta indicado.

A presentación oficial do torneo e o correspondente sorteo de grupos terá lugar o sábado 18 de xullo de 2026 ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Arbo.

A organización establece unha importante contía en premios económicos e recoñecementos para os participantes, repartindo un total de 2.500 euros en metálico. Deste xeito, o 1º clasificado recibirá un premio de 1.200 € e trofeo, o 2º clasificado obterá 700 € e trofeo, o 3º clasificado levará 400 € e trofeo, e o 4º clasificado será galardoado con 200 € e trofeo. Así mesmo, premiarase a excelencia individual e colectiva cun trofeo para o equipo menos goleado e outro para o xogador máximo goleador, mentres que no torneo de consolación entregaranse senllos trofeos para o primeiro e o segundo clasificado.

Contacto e Información

Para resolver calquera dúbida ou solicitar os formularios de inscrición, os interesados poden poñerse en contacto 639 829 445 ou deporte.concellodearbo@gmail.com

Comparte este artigo