O Concello de Baiona celebra o ”Día da Mocidade” este sábado, 6 de xullo.

adminON
Lectura mínima de 2

Este sábado 6 de xullo, Baiona festexa o Día da Mocidade cunha chea de actividades destinadas a mocidade de entre 12 a 35 anos.

O evento terá lugar no Parque da Palma de Baiona, en horario de 16:00 a 21:00h, e as actividades serán totalmente libres e gratuítas.

Os participantes poderán realizar actividades como tiro con arco, futbolín humano, fútbol burbulla, un xogo de escape e realidade virtural no taller de concienciación ambiental, participar nun taller de arte colaborativa a través dun grafiti, asistir a unha demostración culinaria no espazo de gastronomía saudable, e participar noutras moitas actividades.

As persoas que completen as diferentes actividades e dinámicas conseguirán diversos agasallos do Día da Mocidade, e como broche de ouro do evento, ás 20:30h gozaremos da actuación do baionés Rubén Martíns.

Os nenos e nenas menores de 12 anos, poderán gozar dun espazo de contruccións.

O Día da Mocidade é un evento da Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Baiona e que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade. Trátase da primeira vez que se organizada un evento deste tipo.

Desde a Concellería de Mocidade do Concello de Baiona, dirixida por Ruth Álvarez González, animamos a toda a mocidade que se atope este sábado en Baiona a gozar da extensa programación de actividades.

Comparte este artigo