Home Vigo Baiona O Concello de Baiona desenvolverá vixilancia policial e videovixilancia ante o roubo...

O Concello de Baiona desenvolverá vixilancia policial e videovixilancia ante o roubo de contedores marróns de biorresiduos

- Anuncio -

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou a recollida comercial de biorresiduos. Este esforzo representa un paso significativo cara á promoción de prácticas sostibles e a redución do impacto ambiental na nosa comunidade e cumprir as obrigacións que a Lei 7/2022 de residuos e chans contaminados para unha economía circular que obriga aos comercios e industrias a separar en orixe os biorresiduos, sen que se produza a mestura con outros residuos.

Baiona é un dos poucos concellos da provincia de Pontevedra que iniciou esta recollida de bioresiduos.Desde hai unhas semanas os comercios baioneses son parte activa na xestión responsable dos biorresiduos, contribuíndo así á preservación do medio ambiente e o fomento dunha localidade máis limpa e saudable para todos os seus habitantes.

O programa de recollida comercial de biorresiduos implementouse cun enfoque integral, que inclúe actividades de información e asesoramento para os establecementos participantes levadas a cabo polo Servizo de vixilancia, inspección e control de residuos da Deputación de Pontevedra (SEVIC).

Nas últimas semanas viñéronse producindo roubos de contedores marróns de biorresiduos no municipio.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “Algúns dos contedores marróns que se situaron nas zonas próximas aos grandes produtores da hostalería co obxectivo de reciclar a materia orgánica dos establecementos desapareceron. Non entendemos este tipo de accións de persoas incívicas que non pensan na veciñanza e que son os principais prexudicados por estes actos que desde o Concello denunciamos. Esta é unha actitude incomprensible que nos vai obrigar a tomar certas medidas de vixilancia policial e vidiovigilancia desde o departamento de Medio Ambiente: Estamos a estudar poñer vixilancia nos lugares onde se sitúan estes contedores e tamén contemplamos empezar a sancionar por este tipo de accións”.

Os técnicos da Deputación de Pontevedra visitaron fan uns días os establecementos comerciais e servizos do Concello de Baiona proporcionándolles orientación detallada sobre as mellores prácticas para a separación e o manexo adecuado dos biorresiduos, así como a entrega de materiais educativos pertinentes.

Para lograr os obxectivos establecidos pola Unión Europea, é imprescindible a plena implicación dos comercios e servizos cumprindo a obrigación de separar as diferentes categorías de residuos en orixe e depositalos nos contedores adecuados dispostos a tal fin nos municipios.

Hase alientado a cada establecemento para comprometerse activamente co programa, adoptando medidas concretas para minimizar a súa pegada ambiental e promover prácticas de xestión de residuos máis sostibles.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, recoñece a importancia desta iniciativa e agradece a colaboración de todos os comercios participantes. Xuntos, podemos marcar a diferenza e construír un futuro máis verde e próspero para a nosa comunidade.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas