O concello de Baiona lembra a prohibición de colocar cartelería no mobiliario urbano

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Baiona lembra aos seus veciños e visitantes que, de acordo coa Ordenanza Municipal Reguladora en materia de limpeza e xestión de residuos urbanos no espazo público, está prohibida a colocación de carteis, anuncios ou calquera tipo de cartelería no mobiliario urbano, así como en farois, sinais de tráfico, bancos, papeleiras, contedores e demais elementos de uso común.

Esta medida ten como obxectivo preservar a imaxe do municipio, garantir a seguridade e manter en bo estado os espazos públicos, evitando a deterioración do mobiliario e a contaminación visual.

Así mesmo, advírtese de que o incumprimento desta normativa poderá conlevar a imposición de sancións, conforme ao establecido na ordenanza municipal.

Desde o Concello de Baiona apélase á colaboración de todos os veciños para manter unha vila limpa, ordenada e respectuosa coa contorna.

Comparte este artigo