O concello de Baiona recibe ao equipo dos Senior do Erizana C.F por proclamarse campións de liga e ascender a primeira

Redacción

Na tarde do venres, o Concello de Baiona recibiu a visita do equipo senior de fútbol do Erizana C.F. que se proclamou campión de liga e logrou o ascenso a Primeira Federación.

Desde o Concello quíxose render homenaxe a este grupo de deportistas, que levan toda a tempada loitando para conseguir este ansiado ascenso.

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu un acto cargado de emoción e significado para o municipio. A xornada estivo marcada polo recoñecemento ao esforzo realizado ao longo de toda a tempada.

O acto contou coa presenza do Alcalde de Baiona e outros membros da corporación municipal quen quixo acompañar ao equipo hoxe por hoxe salientable, poñendo en valor o traballo colectivo que permitiu alcanzar este logro deportivo. A entrega da placa institucional do Concello de Baiona simboliza o resultado de meses de dedicación.
O rexedor con este acto para querido recoñecer o mérito deportivo dos xogadores, adestradores e equipo técnico que levaron o nome de Baiona por toda a provincia.

“Este recoñecemento reflicte o compromiso de xogadores, corpo técnico e todas as persoas que forman parte do club, así como o apoio constante da afección e das familias, elementos fundamentais no desenvolvemento do proxecto deportivo”, destacou durante o acto.
Desde o Concello destácase a importancia do deporte como ferramenta de cohesión social e transmisión de valores, reforzando o seu papel como elemento clave na vida do municipio.

Comparte este artigo