O Concello de Baiona,a través da Concellería de Política Social,organiza un “Baño de Bosque”o vindeiro mércores 20 de marzo,Día Internacional da Felicidade

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, organiza un “Baño de Bosque” o vindeiro mércores 20 de marzo.

Xa que é o Día Internacional da Felicidade, a gratitude é o vehículo condutor cara á felicidade, polo que o Concello realiza esta actividade de forma gratuíta contando coa colaboración de Gloria Pérez.

Do mesmo xeito, solicítase ás persoas participantes que traian unha doazón para a Asociación Protectora de Animais Bai.senpulgas. Desde a protectora comunícannos a necesidade de alimentos para gatos.

O punto de encontro da actividade é na entrada do Parador de Baiona ás 11:00h., onde se recollerá a doazón da protectora.

Hai xa algún tempo que o termo ‘baños de bosque’ coouse nas páxinas de benestar e tendencias, converténdose nunha práctica que numerosos estudos referenciaron. A teoría é tan sinxela como a práctica: dar paseos polo bosque mellora o estado de saúde de quen os percorre.
Os ‘baños de bosque’ ou Shinrin Yoku teñen a súa orixe, como tantas outras terapias, en Xapón. O seu significado literal é ‘absorber a atmosfera do bosque’, concepto acuñado nos anos oitenta cando técnicos da Axencia Forestal de Xapón marcáronse dous obxectivos: poñer en valor os bosques do país -que cobren o 67% da súa superficie-, e promover o contacto coa natureza nunha poboación urbana que presentaba un elevadísimo nivel de #estrés e ansiedade asociados ao traballo.

Comparte este artigo