Home O Morrazo Bueu O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as...

O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas de alfombrismo Corpus 2024”

- Anuncio -

• Carmen García, concelleira de cultura, salienta que o obxectivo é fomentar a participación da veciñanza e dos colectivos na Festa das Alfombras Florais do Corpus e para dar a coñecer as axudas por participación

• As xornadas están abertas a toda a cidadanía, cativada e maiores, e terán lugar na Praza Massó o venres e o sábado pola tarde

O Concello de Bueu organiza a fin de semana do 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas de alfombrismo Corpus 2024”, unha iniciativa que xorde para explicar todo o proceso da arte floral, difundilo e animar á veciñanza a elaborar tapices de cara á festa que se celebrará o 2 de xuño.

Coa participación e a colaboración de alfombristas da vila, a Praza Massó ateigarase de flores xa dende o venres, 3 de maio, cando a partir das 17 horas se realizarán obradoiros de preparación do material, polo que as persoas que se acheguen poderán ver e participar da recollida, a elaboración de plantillas, o tamizado e a tintura. Xa o sábado, tamén á mesma hora, procederase a elaborar as alfombras.

Estas Xornadas organízanse co obxectivo de fomentar a participación na Festa das Alfombras Florais do Corpus e para dar a coñecer as axudas por participación nas que a concellaría de cultura leva meses traballando xunto aos colectivos de alfombristas da vila.
A festa das alfombras, que este ano se celebra o 2 de xuño, conta con máis dun cento de anos de antigüidade, e foi declarada como de Interese Local no ano 2002 e desde o 2017, conta co distintivo de Festa de Interese Turístico Galego pola Axencia Galega de Turismo.

As axudas por participación

As axudas por participación, que se aprobarán nas próximas semanas, nacen co obxectivo de fomentar a elaboración de tapices florais co fin de reforzar a ambientación das rúas e revitalizar esta tradición cunha historia que se remonta ao século XVII. Estas axudas de participación, para as que se destina un crédito de 9.000 €, dividiranse en dúas liñas: 4.500 € repartiranse en contías económicas por participar e elaborar alfombras de tamaños 3 x 5 metros, 3 x 10 metros e 3 x 15 metros. A outra parte, do mesmo importe, destinarase a bonos comercio que se entregarán ás persoas participantes e coas que se reforzará o comercio de proximidade.

Estas axudas diríxense a aquelas persoas ou colectivos que realicen as alfombras dentro do percorrido marcado para a festividade de 1,4 quilómetros, e que abrangue as rúas de Pazos Fontenla, Eduardo Vincenti, Montero Ríos, e Francisco Escáneo.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas