Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu presenta o programa da Festa das Alfombras Florais...

O concello de Bueu presenta o programa da Festa das Alfombras Florais do Corpus e abre o prazo para as axudas por participación

- Anuncio -
  • A Festa das Alfombras Florais do Corpus de Bueu celebrarase a vindeira fin de semana polas rúas da vila, e haberá actos relixiosos música, atraccións e exposición de fotos antigas
  • As persoas e colectivos que elaboren tapices florais poden solicitar a partir deste martes as axudas convocadas polo consistorio, coas que se fomentará a participación

O municipio de Bueu celebrará a próxima fin de semana a Festa das Alfombras Florais do Corpus de Bueu, organizada polo Concello de Bueu e na que os tradicionais tapices florais lucirán nas principais rúas. Dende o consistorio anúnciase a programación da festa, e tamén se convocan as axudas para que as persoas e colectivos que elaboren alfombras poidan solicitalas.

A programación da festa, declarada como de Interese Turístico Galego, desenvolverase o domingo, 2 de xuño, aínda que a elaboración de alfombras comezará xa entre a noite e a madrugada anterior. Así, ás 12 horas, terá lugar na Igrexa de San Martiño de Bueu a misa cantada coa Coral Polifónica de Bueu con posterior procesión ao redor dela. Ás 18 horas, na capela de San Xosé, e como novidade con respecto a anos anteriores, desenvolverase a adoración eucarística seguida de procesión coa Banda de Música Artística de Bueu polas rúas Pazos Fontenla, Francisco Escáneo, Montero Ríos, Eduardo Vincenti e volta á capela.

Pola noite, a partir das 21 horas, no aparcadoiro de As Lagoas será a verbena coa orquestra Los Españoles. As atraccións estarán instaladas dende o venres ata o domingo na explanada do Centro Social do Mar, polo que se poderá gozar dos diversos xogos durante eses días.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas