O concello de Bueu xestinou no que vai de ano preto de 500 incidencias da aplicación “Meu Concello”

Redacción
  • As máis comúns meses son as de beirarrúas e calzadas, alumeado público, roza de camiños e abastecemento de auga, e os meses con máis comunicación de incidencias foron maio e xuño
  • Dende o consistorio faise unha valoración moi positiva da ferramenta e convídase á cidadanía que non a teña a que a utilice

A aplicación “Meu Concello” do Concello de Bueu rexistrou no que vai de ano un total de 466 incidencias, a maioría das cales foron solucionadas polo consistorio e permitindo unha maior comunicación. Concretamente dende o 1 de xaneiro ao 8 de xullo, a maioría de incidencias son as relacionadas coas beirarrúas e calzadas (78), seguidas das de alumeado público (69), roza de camiños (63) e  abastecemento (43). Despois séguenlle as de parques e xardíns (35), recollida do lixo (29), limpeza viaria (19), tráfico e mobilidade (17), abastecemento (14), sinais e semáforos (16), recollida enseres e voluminosos (16), praias (15), instalacións deportivas e culturais (13), mobiliario urbán (12), saneamento (11), benestar animal (11). En menor grao constan avisos de pragas de insectos e roedores, verquidos, tráfico e mobilidade, disciplina urbanística, ruídos e convivencia, vías públicas Deputación, vías públicas Xunta de Galicia, zona de Costas, Centro de Saúde e edificios educativos.

Neste período, o mes de xuño foi o de máis comunicación de incidencias, cun total de 94, seguido moi de preto de maio, con 89, febreiro con 78 e abril con 70.

Actualmente, son máis de mil as persoas que teñen a aplicación descargada na nosa vila, unha boa cifra que se vai incrementando dende que comezou a funcionar a aplicación no 2024.

Estes días precisamente estase actuando no arranxo dos parques infantís como o da Banda do Río, o da Praza do Concello ou o das Lagoas, as rozas de viais e espazos públicos e as praias, aínda que se tentan atender todas na medida das posibilidades dos servizos. Neste sentido, anímase á cidadanía a empregar esta ferramenta que continúa activa durante o verán.

Meu Concello comezou a funcionar a mediados de 2024 no marco dun convenio coa Deputación de Pontevedra, o cal se extinguiu en maio deste ano, polo que xa é o Concello de Bueu o que asume o seu custe. A aplicación leva máis de dous anos en funcionamento, e neste tempo rexistráronse 2000 incidencias. A valoración que se fai dende o consistorio é moi positiva, pois esta ferramenta permite ter un coñecemento das avarías de todas as parroquias ao momento e coa ubicación exacta, ademais de facer un seguimento e poder establecer comunicación coas persoas para indicarlles se se solucionou ou os cambios que se van producindo.

Utilización de ‘Meu Concello’

A persoa usuaria accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu smartphone (Android /iOS). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta. Posteriormente deberase seleccionar o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia, e a partir dese momento, xa comeza a funcionar o servizo de forma gratuíta, rápida e sinxela.

Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova incidencia”. Un despregable coas diversas tipoloxías aparece na pantalla, e a persoa usuaria selecciona a que quere comunicar. De forma automática, a aplicación detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto, e o seguinte paso é engadir unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. A partir de aí, unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado, e xa se inician os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán ou cidadá recibe á súa vez notificación no teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado, e tamén pode facer seguimento da situación na que se atopa a mesma a través do botón de “Enviadas”.

A ferramenta  tamén é útil na xestión local, pois tamén permite que os servizos municipais teñan un control sobre o seu traballo, ademais de emitir informes de  incidencias segundo a tipoloxía, o estado, o lugar e o seguimento na solución.

Comparte este artigo