O concello de Nigrán abre a convocatoria para unha nova liña de axudas a cemiterios veciñais

Redacción

As entidades poden solicitar desde hoxe achegas para mellora de cadansúa infraestrutura cun importe máximo de 10.000 €

Ambas encádranse por vez primeira no Plan Estratéxico de Subvencións Municipáis e establécense por concorrencia competitiva

O Concello de Nigrán convoca novamente unha liña de axudas aos cemiterios de propiedade veciñal coa apertura hoxe do prazo de solicitude (publicación no BOPPO número 195 de hoxe, 9 de outubro) e están dirixidas a mellorar as infraestruturas existentes e garantir o cumprimento da normativa vixente. Estas son por concorrencia competitiva e o límite subvencionable é de 10.000 € por entidade, sendo 5 os cemiterios que poden optar a elas (Camos, Priegue e Panxón). O prazo de solicitude remata nun mes.

“Estas axudas nacen do contacto directo coa veciñanza e atender as súas demandas. Os cemiterios privados son imprescindibles porque a a alternativa municipal (Ceán e Parada) ou da propia Igrexa é totalmente insuficiente para a poboación de Nigrán”, considera o alcalde, Juan González.

Os cemiterios poderán incluír nestas subvencións calquera obra que axude a mellorar a infraestrutura (como poden ser de accesibilidade) ou incluso en materia sanitaria. 

Comparte este artigo