O concello de Nigrán abre a inscrición desde este mércores para unha excurssión o 6 e 7 de xuño a cinco aldeas históricas de Portugal

Redacción

Ten un custe de 160 €/persoa en habitación dobre e inclúe autobús, comidas, guia e entradas ao castelo e cidade de Marialva. Terán prioridade os empadroados no municipio

O Concello de Nigrán abre do mércores 27 ao venres 29 de maio de 9:00 a 14:00 horas no Centro Social de Vilameán o prazo de inscrición para participar nunha excursión de dous días (fin de semana do 6 e 7 de xuño) a cinco aldeas históricas de Portugal (Celorico da Beira, Marialva, Trancoso, Sortelha e Belmonte). O prezo é de 160 €/persoa en habitación dobre (190 € en individual, con prazas limitadas) e inclúe autobús, seguro de asistencia en viaxe, guia acompañante, hotel de 4 estrelas en media pensión con 2 comidas en restaurante e entradas ao castelo e a cidade medieval de Marialva. O pago deberá realizarse mediante tarxeta e terá prioridade as persoas empadroadas en Nigrán.

Comparte este artigo