O concello de Nigrán abre a inscrición para que maiores de 65 anos reciban clases de relaxación e estiramentos

Redacción

Terán lugar gratuítamente os mércores de 11:30 a 12:30 horas  no Centro Social de Vilameán do 20 de maio ao 6 de agosto

O Concello de Nigrán ofrecerá a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar clases gratuítas de relaxación e estiramentos destinadas a maiores de 65 anos. Estas terán lugar no Centro Social de Vilameán (ao carón do Concello) os mércores de 11:30 a 12:30 horas do 20 de maio ao 6 de agosto e as impartirá persoal técnico especializado. A inscrición está aberta no 986358455 ata o 15 de maio ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Comparte este artigo