Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo...

O Concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo de presentación de ofertas para á rehabilitación do faro de Canido

- Anuncio -

As obras, cun orzamento base de 237.662 €, contan cunha subvención de 132.730 € e suporán unha reforma integral do edificio sen afectar a súa superficie e volume para poder destinalo a un uso recreativo polivalente

O Concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo de presentación de ofertas para as empresas que queran optar á rehabilitación do faro de Canido (Nigrán). Estas obras contan cun orzamento base de 237.662 € dos que a Unión Europea achega 132.730 € a través dos fondos Next Generation de axudas a entidades locais para a rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep Local), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). O investimento permitirá unha reforma integral do edificio sen afectar a súa superficie e volume para destinalo a un uso recreativo polivalente despois de décadas de abandono.

O edificio, ubicado na linde entre Panxón e Nigrán, quedou durante décadas nun limbo urbanístico ata a modificación das normas subsidiarias no ano 2020. O obxectivo do goberno local é reformar toda a planta baixa sen afectar á estrutura troncocónica do faro en si mesmo, que segue en activo cumprindo a súa función. O prazo de execución é de 6 meses.

“Leva anos en situación de abandono e ofrece unha imaxe degradada nunha contorna especialmente turística, polo que plantexamos recuperalo para o goce de toda a veciñanza”, explica o alcalde, Juan González. “Cando a súa situación se desbloqueou no ano 2020 encargamos o proxecto e realmente foi moi complexa a tramitación porque requeríu de moitas autorizacións sectoriais que se demoraron máis do previsto ao incluír o edificio un faro en activo”, engade.

O proxecto do arquitecto nigranés Severo Fernández contempla crear no seu interior (162,75 m2 de superficie) un espazo amplo, perfectamente illado e iluminado, con dous baños adaptados (actualmente non dispoñen das dimensións mínimas), un almacén inmediato e un cuarto de instalacións (esta división é practicamente idéntica á actual). Co obxectivo de proporcionar o máximo benestar aos seus usuarios, a planta será illada con material de alta eficiencia en todo o seu perímetro, fachadas, teito e chan. A maiores, melloraranse os acabados exteriores e se substituirá toda a carpintería, limpándose ademais as fachadas de pedra, polo que o edificio deixará de presentar as pintadas e graffitis que actualmente o afean. Con estas obras que inclúen nova iluminación e instalación eléctrica ou climatización mediante aerotermia, a redución do consumo enerxético será dun 75%.

“Non queremos adaptalo a un fin concreto porque precisamente o obxectivo é que poida ter un uso polivalente, o que implica que poda acoller desde exposicións ata obradoiros ou charlas”, explica o rexedor.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas