Están dirixidos a crianzas con idades dos 3 aos 11 anos e terán lugar no CEIP Humberto Juanes do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 3 ao 31 de agosto
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) abre do 4 ao 13 de maio o prazo de inscrición para os dous ‘Campamentos de Verán 2026’, destinados ambos a crianzas empadroadas no municipio con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos. O obxectivo é favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza, polo que terán lugar no CEIP Humberto Juanes. Así, no ‘Campamento de Verán I’ ofértanse 180 prazas e desenvolverase do 22 de xuño ata o 31 de xullo de luns a venres e, no Campamento de Verán II ofértanse 60 prazas e desenvolverase do 3 de agosto ata o 31 de agosto tamén de luns a venres.
Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse a partir do día 4 de maio no taboleiro de anuncios (nigran.sedelectronica.gal / Tabolerio de anuncios).
Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

